A iniciativa, convocada por Ecoloxistas en Acción e a plataforma A auga é vida, está motivada polas "graves consecuencias" que pode xerar a "continuidade desa vertedura ilegal", xa que de alcanzar e contaminar as captacións das traídas, os pozos serían clausurados.
A decisión de cinguir os actos deste 23 de agosto, día dos aniversarios do clube, a ese acto institucional con presenza restrinxida, non gustou a moitos dos afeccionados celestes que, pola súa conta e a través de redes sociais, convocaron unha 'quedada' para 'brindar' polo centenario da entidade celeste: ás 19.23 horas nos exteriores do estadio municipal Abanca Balaídos.