Tamara Canosa será a directora artística desta produccion e está previsto que se estree en abril de 2024. A obra xogará coas premisas dos chamados 'talent shows', un dos formatos televisivos de maior éxito nos últimos anos.
  comenta   0
O Centro Dramático Galego creou unha versión en castelán de “Shakespeare en Roma”, algo que a Academia Galega de Teatro considera un abandono do galego por parte dunha institución dependente de AGADIC.
  comenta   0
Serán a adaptación de Cándido Pazó de 'A peste', de Albert Camus, e 'Ás oito da tarde cando morren as nais', dirixida por Marta Pazos, con dramaturxia de Avelina Pérez.
  comenta   0
"A peza convértese nun lugar de encontro coa conversación como base. Os actores e actrices fúndense cos personaxes, que son eles mesmos", destacan desde a Consellería de Cultura nun comunicado.
  comenta   0
O Centro Dramático Galego ofrece unha serie de funcións ao longo destes días de Nadal no Salón Teatro.
  comenta   0
Hai oito candidatos presentados ao cargo. Fefa Noia presidirá o tribunal que elixirá o seu substituto á fronte desta institución.
  comenta   0
A Consellería de Cultura busca así a substitución da actual responsable, Fefa Noia, dun posto que tamén inclúe a coordinación do Departamento de Produción Teatral na Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic).
  comenta   0
Entre as reivindicacións que solicitan está a posibilidade de dotar ao CDG dunha nova estrutura xurídica, "xa que a propia lei abre a posibilidade de crear un ente específico".
  comenta   0
A Asociación de Actores esixe á Xunta que a súa saída non traia a "parálise" ao CDG e lembra a súa "etapa convulsa" e chea de "irregularidades".
  comenta   0
O Salón Teatro de Santiago acollará este xoves a estrea da nova produción propia do Centro Dramático Galego, ideada no grupo 'DramaturXa'.
  comenta   0
Esta obra orixinal de Jen Silverman, adaptada por Cándido Pazó e Belén Pichel, conta a historia dunha dona "que non depende de moitos homes". Iso mesmo quixeron facer as actrices na presentación: "o feito de que dúas mulleres de máis de 50 anos sexan protagonistas é noticia". A peza estréase este xoves 28 en Santiago.
  comenta   0
Esta coprodución emprega recursos do circo para recrear o libro homónimo de Méndez Ferrín, e representarase entre o 11 e 20 de outubro.
  comenta   0
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia denuncia nun comunicado a caída no número de representacións ademais de polémicas arredor de procesos selectivos.
  comenta   3
"Divinas Palabras Revolution" representarase entre o 12 e o 29 de abril no Centro Dramático Galego, con catro funcións semanais e pases matinais para escolares.
  comenta   2
A Asociación de Actores denuncia que o Centro Dramático Galego, que depende da Xunta, selecciona o elenco para a última obra mediante "irregularidades".
  comenta   0
O secretario xeral de Cultura analiza nesta entrevista a situación dos principais sectores culturais do país, desde a tensa situación do Centro Dramático Galego ata o estado no que se atopa a produción editorial en galego. Sobre o famoso decreto do plurilingüismo que impulsou hai sete anos suliña con contundencia que “foi o mellor que se puido facer naquel momento”.
  comenta   18
O colectivo emitiu un comunicado no que manifesta a súa "inquietude" e "decepción" ante a "escasa produción" e a "baixa contratación actoral" que desenvolverá o Centro Dramático Galego durante a tempada 2017.
  comenta   1
A dramaturga compostelá ocupará o posto de coordinadora do departamento de Produción Teatral da Agadic, desde o que tamén planificará a actividade do Salón Teatro.
  comenta   0