En concreto, a gasolina baixou un 0,45 % con respecto a fai sete días, para situarse nos 1,751 euros, afastándose así do máximo anual ao que escalara a pasada semana (1,759 euros). O diésel encadeou xa a súa décimo terceira semana consecutiva de subidas, cun encarecemento do 0,11 % na última semana, para alcanzar os 1,687 euros o litro, un nivel que non marcaba desde finais de xaneiro
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción denuncia que esta mineira continúa vertendo residuos nos regos da zona, a pesar de numerosos procedementos sancionadores.
  comenta   0
Científicos do iMATUS da Universidade de Santiago detectaron concentracións de arsénico e chumbo nalgúns produtos téxtiles que están por enriba dos límites marcados polo Regulamento Europeo 1907/2006. Tamén destacan a presenza de mercurio nalgunhas pezas, malia que non está permitida a impregnación de fíos con compostos deste elemento químico metálico.
  comenta   0