A cantante galega, falecida no 2010, lanza artificialmente este tema que fala dunha nova Galicia que loita contra o sometemento, o conformismo e a autocompracencia. Creada polo CiTIUS, competirá contra unha decena de finalistas de todo o mundo na final deste concurso internacional que se celebrará na Coruña o próximo 4 de novembro.
  comenta   0
É a segunda vez que a asociación europea recoñece unha tese do CiTIUS. No seu traballo, Andrea Cascallar abordou o desafío científico de modelar a imprecisión na linguaxe, hibridando as 'Protoformas Cuantificadas Difusas' coa 'Xeración de Linguaxe Natural' (NLG), e máis concretamente, cos sistemas D2T ou 'Datos a texto' (Data-To-Text). Un ámbito crave da Intelixencia artificial (IA) que facilita a comunicación entre humanos e máquinas, ao "traducir' a información contida nos datos á linguaxe empregada polas persoas.
  comenta   0
Os investigadores deseñaron un novo modelo probabilístico novidoso na literatura científica epidémica que permite calcular con precisión a seroprevalencia da covid-19 en España durante as distintas ondas.
  comenta   0
Investigadores galegos aplican un modelo matemático para calcular o impacto da pandemia en América Latina, principal foco no mundo agora. Ecuador e Brasil son os países máis golpeados, mentres que Cuba e Porto Rico teñen a situación máis controlada.
  comenta   0
Un modelo matemático de investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Toulouse calcula que a porcentaxe de infectados con coronavirus en Galicia podería ser entre o 1,2 e o 2,5 % da poboación (entre 32.000 e 67.000 persoas); en Madrid podería chegar até o 19,5 % (arredor de 1.300.000 persoas). En Castela e León, País Vasco e Cataluña a porcentaxe de contaxiados podería estar entre o 6 e o 10 %.
  comenta   4
O CiTIUS da USC redefínese e convértese no terceiro centro de investigación en tecnoloxías intelixentes de España.
  comenta   0
As mulleres escollen menos estudos relacionados co ámbito tecnolóxico que os homes. O CiTIUS inaugura en Santiago unha exposición en Santiago de Compostela co obxectivo de fomentar vocacións tecnolóxicas en nenas e mozas coincidindo co Día das Nenas en TIC.
  comenta   0
O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información e o Centro de Supercomputación de Galicia pilotan o desembarco do xigante FINSA na industria 4.0.
  comenta   0
Un equipo formado por expertos do CITiUS (Universidade de Santiago de Compostela), da empresa galega Imaxin∣Software e do IXA Nlp Group da Universidade do País Vasco creou un mapa mediante computación que cuantifica as distancias entre 44 idiomas de Europa. A rede de nodos resultante evidenciou que o galego escrito ten como máis próximo o castelán, mentres que o portugués ten como língua escrita máis próxima o galego. O inglés sitúase como núcleo do mapa. Pablo Gamallo, un dos seus autores, explícanos o modelo aplicado e os seus resultados.
  comenta   11
Investigadores dos laboratorios do CiTIUS da Universidade de Santiago desenvolven un novo método que mellora todas as técnicas dispoñibles na actualidade e que atraeu xa a atención de investigadores do prestixioso Massachusetts Institute of Technology (MIT).
  comenta   0