Descarta unha xuntanza do Comité Clínico e asocia o aumento de casos ás festas de San Xoán e as excursións de fin de curso.
  comenta   0
A medida, que vence o 26 de febreiro, será posta en cuestión na reunión deste martes xunto cos límites de comensais. Comesaña, que destacou o papel do certificado á hora de incitar á vacinación, mantén agora que se estudará a evolución da pandemia para valorar a súa continuidade.
  comenta   0
A medida farase efectiva, previsiblemente, tras a reunión do comité clínico deste martes. O presidente trata de "innecesaria" a prohibición de contactos na madrugada das fins de semana menos dun mes despois de impulsala.
  comenta   0
O doutor Rascado acredita unha "tendencia positiva" con menos contaxios e a contención na UCI, pero receita "vacinación e máscara". Feijóo ve "unha garantía" o certificado covid e ábrese a reducir corentenas se é "unha decisión clínica".
  comenta   0
O comité clínico, que se volverá reunir este venres, irá axustando as medidas en función da situación epidemiolóxica e do pico.
  comenta   0
O conselleiro de Sanidade remarcou que Galicia "segue avanzando" na vacinación da terceira dose, que este mércores empeza para o colectivo de 60 a 69 anos.
  comenta   0
O membro do comité clínico que asesora a Xunta e presidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencias fala de "normalidade con prudencia" e avoga por manter a máscara en interiores.
  comenta   2
Só no lecer nocturno seguirá habendo restricións "mínimas". Nas últimas semanas, a Comunidade experimentou un declive dos contaxios, en consonancia cos criterios do goberno autonómico para comezar o regreso á normalidade prepandemia.
  comenta   0
En ambos os casos, a incidencia disparouse por senllos brotes de orixe escolar, no caso do municipio ourensán no transporte, e outros vinculados ou brotes coñecidos, o que non obrigou a establecer medidas máis severas.
  comenta   0
O conselleiro Julio García Comesaña remarcou que esperan o visto e prace para a semana que vén e que as conversacións co sector son continuas.
  comenta   0
No nivel alto de restricións quedarán 21 concellos, menos que ata agora, mentres que en nivel medio haberá 41 municipios, 14 menos que na semana anterior. Neste nivel atópanse municipios como as cidades da Coruña, Ourense, Lugo e Ferrol.
  comenta   0
O Comité Clínico destaca que, do total de concellos de Galicia, 40 non notificaron casos nos últimos 14 días e que o número de concellos sen casos no últimos sete días foi de 71.
  comenta   0
O presidente pon como exemplo Ourense e sinala que o comité clínico seguirá axustando as restricións á situación de cada municipio.
  comenta   0
O subcomité clínico analizará este venres o posible endurecemento das medidas a establecer para o sector "con tal de non pechar".
  comenta   0
O informe indica que dos 54 municipios con poboación igual ou superior a 10.000 habitantes soamente un presenta unha taxa de incidencia a 14 días igual ou superior aos 250 casos por cen mil habitantes.
  comenta   0
O doutor Sergio Vázquez apunta a esta área sanitaria, aínda que cre que como moito, "se non empeoran os datos", podería escalar a nivel medio
  comenta   0
"Probablemente imos incrementar á alza as persoas que poden convivir nun recinto, xa sexa pechado ou aberto", di Feijóo.
  comenta   0
"Queda pouco, pero aínda temos que mantelas", aseverou o titular de Sanidade, Julio García Comesaña, polo que confirmou que aínda este martes non se aprobará a eliminación.
  comenta   0
Con todo, avisan que o virus "segue circulando" entre o non vacinados, polo que preocupan os "brotes escolares, sociais e os laborais", xa que son os menores de 50 anos os que aínda non están inmunizados.
  comenta   0
A exconselleira de Sanidade Pilar Farjas, membro do comité clínico que asesora á Xunta, explicou que grupo de expertos defende as restricións nos horarios de apertura das actividades como unha medida que foi "eficaz" para controlar a pandemia.
  comenta   0
O organismo asesor fixo un chamamento a "respectar ao máximo" as medidas de prevención e, posto que chega o "bo tempo", tentar facer actividades ao aire libre, posto que nos interiores "aumentan a transmisibilidade" do virus.
  comenta   0
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, indicou que se tomarán medidas a partir da reunión deste martes, aínda que non concretou ningunha.