A coalición está formada por Espazo Común, Unidade Local, Compromiso por Galicia, Coalición Galega e Galicia Sempre. Ademais, esta fin de semana darase a coñecer a incorporación dunha sexta formación.
  comenta   0
Hai case dous anos nacía en Melide, no centro de Galicia como dixeron daquela, o Partido Galego. Un número importante dos seus cadros saíran de Compromiso por Galicia ante a "deriva socialdemócrata" do partido. Xosé Mosquera, presidente da nova formación reivindica os principios do Partido Galeguista para un partido "aberto". Nestes momentos están inmersos tanto na formación de agrupacións como en conversas con outras formacións políticas, sobre todo locais, para a creación de listas de cara as eleccións locais de 2023.
  comenta   1
Trala Asamblea Nacional do 2017, o Proceso Avante ficou lonxe de converterse nun acto de reflexión interna no seo do BNG. Concevín aquel proceso interno como a resposta á perda de peso do nacionalismo nas distintas institucións en favor de En Marea, posto que o BNG xa viña perdendo apoios na sociedade dende a época do Quintanismo; un feito éste que non inquietou á maioiría da por entonces Executiva Nacional, á vista da intención de convocar Asambleas Nacionais por delegadas en troques de militantes.
  comenta   0
O portavoz local do PSOE xustifica a medida ante o "incumprimento" do acordo de goberno por parte do rexedor de CxG.
  comenta   0
É chocante que despois do ciclo aberto polo 15-M en 2011 e pola época do éxito electoral das Marés (eleccións locais de 2015, xerais de 2015 e 2016 e, en boa medida as autonómicas de 2016) os resultados deste 12-X de 2020 sexan cuspidiños aos daquel lonxano 1997, cando Fraga quitou 42 deputados para o PP (os mesmos ca Feijóo arestora), Beiras 18 para o BNG (Ana Pontón rachou onte este récord acadando 19) e Caballero 15 para o PSOE (daquela foi o tío Abel, hoxendía alcalde absoluto de Vigo, mentres que agora o sobriño baixa un empatando a peor marca histórica do PSde G nunhas eleccións nacionais galegas: os 14 de Xaquíbn Leiceaga en 2016).
  comenta   0
Antonio Gato Soengas rompeu en agosto con Independentes por Monterroso, a formación coa que se presentara aos comicios. En outubro, chegou a un acordo co PSdeG que tamén fixo augas aos poucos meses. Dende aquela, gobernaba co único apoio do edil de Compromiso por Galicia.
O candidato da Marea Galeguista á Xunta de Galicia asegura que o país "necesita unha forza centrada, galeguista e progresista" e chama polas persoas que están na abstención e incluso por "moita xente que vota o PP e miraría como unha opción unha alternativa galeguista dialogante".
  comenta   7
"Marea Galeguista quere ser decisiva", salientou Pancho Casal, quen asegurou que "igual que falarán con toda a cidadanía, tamén o fará con todos os grupos políticos".
  comenta   2
Consideran "imperativo garantir a suficiente cobertura pública dos servizos de dependencia, ampliar o investimento público en atención á dependencia" e reducir listas de espera.
  comenta   0
Haberá un total de 56 candidaturas. A principal novidade é a entrada de Marea Galeguista en lugar de Compromiso por Galicia, que acudía á cita de abril en solitario.
  comenta   1
Aposta pola colaboración entre administracións porque as empresas necesitan o aluminio primario que aquí se produce e non depender de que veña de Arabia Saudía ou China.
  comenta   0
A alianza de En Marea, Compromiso por Galicia e Partido Galeguista encara o 12X cun proxecto asentado en "o feminismo e o ecoloxismo"
  comenta   3
A coalición decidirá a semana que vén o seu candidato á Xunta na procura do "recoñecemento de Galicia como nación".
  comenta   8
O partido anuncia unha campaña con varios debates sectoriais sobre diversos temas e expuxo que os actos dos partidos desenvólvanse "con moi pouca xente".
  comenta   2
Esta formación, que foi dentro da candidatura do Bloque nas xerais, di agora que apoiaron a Néstor Rego “para defender a axenda galega común, non para defender de forma única a postura do BNG”.
  comenta   6
A formación de Xoán Carlos Piñeiro decidira integrarse nas listas do BNG nas pasadas xerais. Agora asina a coalición Nós-Galeguistas para ir co Partido Galeguista.
  comenta   22
Unidas-Podemos, En Marea, BNG e Anova no ámbito da esquerda e do nacionalismo e o PPdeG e Ciudadanos, no da dereita, non se acaban de poñer de acordo sobre as cesións e os modelos para un acordo electoral. En xogo, milleiros de votos que poden condicionar unha balanza que está moi equilibrada e que pode acabar beneficiando ao PSOE e a Vox.
  comenta   6
Pídelles que fagan unha "reflexión" fronte a un Estado español que mostra "a súa verdadeira cara intransixente, autoritaria e negadora" das nacións.
  comenta   21
Gato presentouse ás eleccións baixo esta candidatura independente, que censura que o rexedor se apartase da "disciplina de grupo"
O alcalde de Monterroso, o independente Antonio Gato, cesou ao seu tres compañeiros de lista e tenentes de alcalde e deixou aberta a posibilidade de gobernar co PSOE e Compromiso por Galicia (CxG), a pesar de que fora investido co apoio do PP.
O partido cre que aínda que inicialmente pretendía ser unha "nova Declaración de Barcelona", finalmente resultou "estar moi centrada na actual situación derivada do 'procés'".
  comenta   7
A formación de Villares critica que foi o Bloque o que non "quixo negociar" para ir xuntos en coalición o 10N. Pola súa banda, Pontón di que Feijóo "está nervioso" ante as "boas expectativas" do Bloque tras as críticas do presidente galego que dixo que perderá votos se vai con Compromiso por Galicia por ter xente de Vox na Executiva.
  comenta   4
Evita confirmar se aspira a alianzas con outras forzas nacionalistas para as galegas de 2020 tras o pacto con CxG, aínda que di que Anova vai con "forzas estatais", en alusión a Podemos e EU. Aspira a que o BNG sexa "decisivo" no Congreso.
  comenta   4
Destaca que xa tiveron máis de 500 afiliacións nos últimos días e anuncian unha campaña imaxinativa posto que "non" contarán "con estudios de televisión" nin con créditos bancarios.
  comenta   8
O secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro, di que o PP teme perder votos galeguistas tras o pacto CxG-BNG para as eleccións do 10N. “Sabe que co BNG-CxG no Congreso calquera goberno do Estado que precise negociar terá que ter en conta a Galicia”, suliña.
  comenta   4
O presidente da Xunta, sorprendido pola presenza de membros da ultradereita española no nacionalismo galego, critica un acordo. "Cada un fai os acordos que pode", ironiza.
  comenta   6
Son tres menos que as proclamadas para o 28A debido a decisións como a de En Marea de non concorrer ou o pacto de CxG co BNG.
  comenta   0
Pediron a baixa o ex secretario xeral, Xoán Bascoas, ou a ex alcaldesa de Muros. Tamén todos os militantes das agrupacións de Samos e O Páramo, así como moitos da área de Santiago. Críticas polo apoio do pacto co Bloque dun ex candidato de Vox e Ciudadanos, agora na dirección de CxG. "Non ten a Franco tatuado no brazo", ironiza Piñeiro.
  comenta   39
Ana Pontón e Juan Carlos Piñeiro (CxG) convencidos de que haberá presenza nacionalista en Madrid. Nin BNG, nin CxG cren que a irrupción de Más País poña en perigo que Galicia teña "voz en Madrid, tras a decisión de En Marea e Anova de non presentarse o 10N. Bloque e CxG defenden unha axenda "galeguista e nacionalista" tras o pacto acadado estes días.
  comenta   23
Galicia queda sen coalición nacionalista. O BNG presentarase só, En Marea e CxG decidirán nos vindeiros días o seu futuro electoral e Anova acorda non presentarse o 10N.
  comenta   26
Pontón tacha de "política do circo" a proposición de Villares, di que o BNG, a diferencia de En Marea, Anova e CxG é unha "forza seria" e evita contestar se mantivo conversas con Villares.
  comenta   12
A formación de Luís Villares, que nos últimos días destacara que a súa "prioridade" era a vía galega, descarta, finalmente, ir co partido de Íñigo Errejón en Galicia. Fontes consultadas tamén comentan que a enquisa de La Voz pode "torpedear" as negociacións para crear unha gran fronte galega ao influír na dirección das formacións.
  comenta   10