Ata 25 asociacións piden a retirada do proxecto do Monte Neme polo "impacto inasumible" que terá na paisaxe e en elementos patrimoniais e medioambientais.
  comenta   0
Rafaella Resources afirma ter comunicado á Xunta a polémica compra da mina de San Finx, cuestión negada polo goberno autonómico, de acordo con Ecoloxistas en Acción.
  comenta   0
Unha decena de plataformas da zona veñen de constituír unha Coordinadora para loitar contra o avance dos eólicos, proxectados mesmo sobre zonas protexidas.
  comenta   0
Petón do Lobo asegura que o Goberno galego "ampara" a fragmentación "irregular" de certos proxectos eólicos, un recurso "ilegal" polo que o TSXG xa retirou os permisos a un parque de Norvento.
  comenta   2
Veciños de Bergantiños piden frear a construción dun parque que, din, incumpriría a lai paisaxística da Xunta e tería sido presentado cunha "fragmentación irregular". O TSXG xa botou abaixo proxectos semellantes atendendo a esta argumentación.
  comenta   0
O Tribunal Arbitral de UNCITRAL desestimou a reclamación da empresa Edgewater que vira pechado o seu intento de abrir unha mina de ouro.
  comenta   0
Contraminacción e Salvemos Cabanas mostran a súa satisfacción pola decisión da Xunta de rexeitar o novo proxecto.
  comenta   0
Nun encontro entre distintas plataformas, criticaron que os gobernos se poñan do lado dos intereses das empresas nun momento que calificaron de "boom" da minaría global
  comenta   0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia falla contra o recurso de Edgewater e dá a razón á Xunta e as entidades contrarias ao polémico plan da empresa canadense.O proxecto mineiro de Edgewater en Corcoesto debera servirlle á Xunta de Galicia, e en concreto ao Director Xeral de Enerxía e Minas, para aprender que non se pode confiar nas multinacionais, que alleas aos intereses de Galicia, só venden fume e proxectos extractivos depredadores de recursos, que só se queren aproveitar ao máximo deles e que non lles importa nada as consecuencias dos seus actos. A asociación Petón do Lobo agradece as súas persoas socias, plataformas, asociacións e á cidadanía en xeral, todo o apoio recibido ao longo da extensa tramitación xudicial deste caso, e anima á Plataforma veciñal de Touro –O Pino a manter e preservar no tempo o espíritu de loita contra outro proxecto depredador e contaminante como é o que lles afecta. Petón do Lobo di que desta sentenza a Xunta ten que aprender "que non se pode confiar nas multinacionais que só venden fume e proxectos extractivos depredadores de recursos".
  comenta   0
ContraMinacción critica que o lobbie mineiro buscou rodearse de altos cargos durante o V Congreso Nacional de Áridos en Santiago de Compostela. A organización destaca que reunirá a 700 persoas e "terá unha importante repercusión internacional". Por outra banda, a plataforma Mina Touro- O Pino Non desvinculouse das pintadas aparecidas este mércores contrarias a este proxecto.
  comenta   1
Veciños de Corcoesto acusan ao xornal e ao seu delegado de beneficiar e protexer ao rexedor popular José Muiño Domínguez tras iniciarse procedementos xudiciais contra el.
  comenta   10
O presidente galego asegura que Galicia “é un lugar onde se cumpren as leis” e que se o proxecto é legal, tanto a Xunta como os concellos deberán respectalo.
  comenta   0
Veciños quéixanse da "teima" do rexedor de "recoller os dereitos mineiros no Plan urbanístico municipal en tramitación".
  comenta   0
O arzobispo de Santiago Julián Barrio asegura que xa realizou todos os trámites precisos, incluídas dúas cartas e o preceptivo informe favorable. Os veciños afectados pídenlle o seu “bo facer” para que o cura Leonel Díaz volva ás súas dez parroquias.
  comenta   0
Profesores das tres universidades galegas que asinaron informes favorables á mina de ouro na comarca de Bergantiños, cancelada pola Xunta por carecer de solvencia "financeira e técnica", rubrican agora a documentación técnica presentada para o tamén polémico proxecto mineiro que se pretende desenvolver nos municipios de Touro e O Pino.
  comenta   3
As últimas contas de Edgewater revelan que a mineira canadense non se dá por vencida. Un documento que acaba de aprobar o seu Consello de Administración detalla o plan para seguir adiante co preito que lle meteu ao Goberno de España despois de que a Xunta paralizara o proxecto.
  comenta   3
Persoas que loitan contra proxectos mineiros en Australia, Nixeria, Finlancia, Filipinas, Sudáfrica, Colombia e Galicia serán os relatores do “III encontro sobre os impactos da minaría”.
  comenta   1
Un traballo académico desta universidade propón un plan que segue as directrices empresariais do proxecto extractivo que foi cancelado pola Xunta co aval do Tribunal Constitucional por falta de solvencia financeira e técnica.
  comenta   2
A plataforma presenta alegacións ao texto e alerta dun "novo intento do alcalde popular José Muíño de impoñer pola porta de atrás un futuro plan extractivo na parroquia".
  comenta   0
A mina de ouro en Corcoesto non saíu adiante, pero isto non foi debido a oposición dos alcaldes directamente afectados nin a do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago.
  comenta   5
Un magnate da prensa e un directivo dunha compañía do IBEX 35 "do agrado do Goberno da Xunta" ofreceron “prestacións” ao presidente da empresa canadense nunha reunión en Madrid, segundo Edgewater, quen pide á Xustiza que aprobe a mina ante a “arbitrariedade” da Xunta.
  comenta   3
Edgewater pasou de publicitar na súa web os vídeos de Feijóo a dicir que amigos do presidente lle pediran subornos. O presidente pasou de presumir dos miles de empregos dunha mina que ía aprobar xa a denegar o permiso. Salvemos Cabana, Amigos da Terra e a SGHN cren que a Xunta aprobou indebidamente a Declaración de Impacto Ambiental da mina. A SGHN remitirá ao xulgado novos documentos sobre presuntas irregularidades.
  comenta   1
O Goberno estudia accións legais tras filtrarse detalles dun sumario que inclúe acusacións de que amigos de Feijóo pediron subornos á mineira de Corcoesto para rescatar o seu proxecto.
  comenta   3
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños denuncia que o municipio está actuando en contra dos intereses xerais da poboación e di non entender porque quere defender os intereses privados da multinacional canadiana.
  comenta   0