En Corme, gandeiros e agricultores converteron os seus tractores en armas contra o lume, mentres os equipos ‘Batracio’ da Xunta, pensados para ese labor, brillaban pola súa ausencia. Unha lección de coraxe veciñal e unha pregunta incómoda para a prevención en Galicia.
  comenta   1
En declaracións aos medios na tarde do martes, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, cualificou de "atentado" o lume desta parroquia e sinalouno como "intencionado"
  comenta   0
Lucas é un creador de contido en galego que triunfa actualmente en Tik Tok (@lucasreyy_) --con máis de 20.500 seguidores-- e que, ademais de facernos rir a esgalla co seu humor afiado, tamén solta verdades coma puños. Sen ir máis lonxe, recentemente, denunciou a falta de apoio das marcas galegas aos creadores de contido da súa propia terra.
  comenta   0
A familia do fotógrafo coruñés Francisco Pillado González (1892-1977) doou, case 50 anos despois do seu falecemento, toda a súa obra artística á Real Academia de Galicia (RAG), sendo agora de "acceso público para a comunidade investigadora e calquera persoa interesada na historia da fotografía en Galicia".
Complexos cálculos matemáticos e aplicación de Intelixencia Artificial para simular o fluxo de ríos, a previsión de inundacións e a xestión de recursos hídricos. Un traballo estuda dous ríos con alto risco de inundacións, o Anllóns e o río Groba, para analizar como actuar ante riscos de aumento de caudais.
  comenta   1