Entre o xoves 24 e o sábado 26, no peirao de Transatlánticos, actuarán agrupacións como Xacarandaina, Donaire, a Cuarentuna da Coruña, a Asociación Coros e Danzas Eidos, Os Gaiteiriños e o Orfeón Herculino. Ademais, desde mañá e ata o domingo 27, o paseo do Parrote acollerá a realización do festival de food-trucks. O día 25 haberá un desfile por parte dos tripulantes dos veleiros.
En 1921 A Coruña acolleu un encontro para escoitar publicamente un dos primeiros discos en galego que se coñecen. Un século despois, a gravación primixenia volve saír á luz para deleitar os curiosos con sons do pasado.
  comenta   0
Bernardo Valiño dirixiu durante 21 anos da Romaría Internacional, un festival que trouxo a Galicia espectáculos de todo o mundo. Era a cultura da primeira época de Fraga impulsada polo entón conselleiro de Cultura, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.
  comenta   1
A norma só aplica aos banquetes, xa que nas igrexas poderán estar persoas conviventes e non conviventes. Iso si, cun 30% de ocupación como máximo.
  comenta   0
Hai sesenta anos que faleceu Faustino Santalices. El e Perfecto Feijoo foron os grandes restauradores do noso patrimonio musical. O boticario pontevedrés creando coros, Santalices recuperando cantigas do repertorio de coñecidos gaiteiros da época. Máis dunha vez relatou como o gaiteiro de Penalta lle aprendera a tocar o instrumento levado da man do seu tio: “Olla, Manuel. A este meu sobriño quero que lle ensines a tocar a gaita. Así que os domingos que non saias de festa, avísalo poñendo unha saba na pena que esta perto da túa pasa, para que non camiñe de balde”. Nese tempo Faustino Santalices estudaba nos Escolapios de Celanova e vivía en Vilanova dos Infantes.
  comenta   0
Un máximo de quince persoas en espazos abertos ou dez en espazos pechados poderán despedir as persoas falecidas. As misas celebraranse con estritas medidas de hixiene e sempre sen superar o 30% do aforo da igrexa.
  comenta   0
Os coros da actualidade collen con paso firme os camiños de innovación da man de xente nova con intencións de renovar a escena coral. Nun tempo de rexurdimento destes cantos conxuntos, o GC fai un repaso por estas actividades e polo labor dos coros históricos - catro deles con máis de cen anos de vida -.
  comenta   0