O pai de Desirée augura que a condenada -, a nai da nena -- recorrerá a súa pena ao Supremo ou ao Constitucional.
Tiveron que intervir os bombeiros do Deza para coller os animais que quedaron na estrada.
  comenta   0
Fixo uso este luns do seu dereito á última palabra no xuízo que se celebra na Audiencia de Lugo polo coñecido como crime de Muimenta. As acusacións piden prisión permanente revisable para a acusada: "Ninguén tivo compaixón nin pena por Desirée esa noite".
Declaran no xuízo que atoparon sangue no corpo da menor, nunha almofada, no chan da habitación, nun calcetín e nunha zapatilla, e no pixama da nai, que foi localizado debaixo da cama.
  comenta   0
A presión que exercemos sobre estes espazos fai que sexan os ecosistemas que máis rapidamente se están a perder no mundo. Estes ecosistemas que tan rapidamente se están a perder proporcionan á Humanidade beneficios colectivos desproporcionados en relación á pequena superficie que ocupan. Falamos con Serafín González Prieto, biólogo investigador do CSIC, sobre a necesidade de conservarlos e restauralos. Tamén do decisivo e deficiente papel que xoga a Xunta na conservación e restauración das zonas húmidas do territorio galego.
  comenta   0
José Manuel Leal asegurou na súa declaración que "xamais" viu comportamentos estraños na nai da nena, coa que mantivo unha relación dun cinco anos. "Nunca vin nada", recalcou.
Durante a sesión, a única acusada, que foi increpada por familiares da menor á entrada aos xulgados, explicou que sufría episodios psicóticos desde facía un tempo, polo que pensou en quitarse a vida. "Eu sentía ruídos de noite, paseime unha semana enteira sen durmir escoitando ruídos na cabeza", explicou ante o tribunal.
O pai da nena Desirée, presuntamente asasinada pola súa nai en 2019, afronta desde o vindeiro luns o xuízo por este crime.
O Sindicato Labrego Galego afirma que, aínda que en principio non ten por que resultar problemático, "non parece que sexa para botar ovellas".
A empresa ten plantacións en Castro de Rei e Cospeito. Di que se fará cargo da repatriación ao lugar de orixe do falecido.
Deste nivel saen O Barco, Boiro e Cambados. As sete cidades seguen en nivel alto.
  comenta   0
Unha vila da Terra Cha sae a protestar contra os recortes de Abanca, que poderían arrastrar o resto da economía da vila. "Non se ten en conta o ritmo de vida do rural", censuran.
Pedirá prisión permanente para a nai e presunta asasina da nena. "O meu único pensamento é irme xunto a Desirée para estar ao seu ladiño", di o home que asegura estar tomando dez pastillas ao día.
Marisol Morandeira denunciou que o primeiro xornaleiro non traballaba en Cospeito, senón en Begonte, e suliñou que moitos dos traballadores tamén residían en Guitiriz. As 110 probas PCR realizadas o mércores resultaron negativas.
Xa hai 50 traballadores confinados nun edificio de Castro de Ribeiras de Lea tras a confirmación de varios positivos. Traballaban na recollida da fresa en Begonte, Cospeito e Castro.
Rexistráronse dous novos falecidos: un no centro de El Portazgo (A Coruña) e o outro na Nosa Señora da Esperanza (Ourense). De 50 novos diagnósticos, 41 apareceron en Divino Mestre de Ourense.
  comenta   0
Os contaxios incrementáronse en máis dun 23% nas últimas 24 horas. Notouse especialmente na residencia A Nosa Señora da Esperanza en San Rosendo (Ourenso), onde a realización de test a todos os usuarios deixou 81 novos casos. O número de mortes ascende a 32.
  comenta   1
A xuíza do Xulgado Mixto número 1 de Vilalba decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza, por un presunto delito de homicidio/asasinato, para a nai da nena de sete anos que foi achada morta no seu domicilio na localidade de Muimenta, en Cospeito (Lugo) o pasado 3 de maio.
O Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba (Lugo), que instrúe a causa sobre a morte dunha nena de sete anos na súa vivenda en Cospeito, incoou dilixencias previas para investigar a filtración de datos relacionados cos resultados de dilixencias de investigación.
"No momento en que o xulgado nos permita explicar, levante o secreto de sumario, diremos todas as cousas, pero non descartamos ningunha das posibilidades" dixo o delegado do Goberno.
A investigación sobre as circunstancias que rodean á morte dunha nena en Cospeito segue o seu curso, aínda que de momento non se practicaron detencións. A pequena, dun sete anos, foi achada morta este venres no seu domicilio, situado na parroquia de Muimenta.