O GC visita da man de Sole, guía colaboradora da axencia Troulanda, o considerado por moitos como o cemiterio máis bonito de Galicia, para adentrarse na súa parte máis mística. Se queres coñecer máis historias, teñen unha visita guiada durante a Noite de Defuntos.
  comenta   0
O antropólogo Rafael Quintía, que descarta absolutamente falar de Halloween, asegura que o termo correcto para esta festividade sería Día de Defuntos. "Chamarlle Samaín tampouco ten sentido, porque a de hoxe xa non é a festa que se celebraba na Idade de Ferro, é outra cousa", afirma, apuntando que "un termo interesante e que estaría moi relacionado con este Día de Defuntos sería o Magosto, que comeza tamén o 1 de novembro e é outro rito de carácter funerario".
  comenta   0
Caraveis, crisantemos ou dalias son algunhas das flores polas que, tradicionalmente, optouse e séguese facendo, aínda que algúns negocios apuntan a que hai xente que se decanta xa por outro tipo de flores.
  comenta   0