O 'Bono Peixe' e declarar o Xacobeo 2027 como Evento de Interese, entre os sete acordos unánimes. Tamén a "redefinición do Edixgal" tras un acordo entre PSdeG e PP, rexeitado polo Blolque. O debate de política xeral conclúe con 53 resolucións aprobadas, doce máis que en 2023, ningunha do BNG.
  comenta   0
Duro cara a cara entre Rueda e Pontón cun Besteiro máis conciliador e un Ojea en plan ourensanista. O Debate do Estado do País non deixa gañadores, nin perdedores, quizais, iso si, unha Galicia máis dividida entre dous modelos, o da “Galicia grande e Galicia calidade” de Rueda e a “Galicia da xente” e “das propostas” de BNG e PSdeG.
  comenta   0
Rueda describe unha Galicia puxante fronte a Galicia que "os do non queren levar a ruína". Por iso, defende proxectos como Altri ou a minaría de minerais raros. "Algúns queren vivir na Galicia do século XIX e logo criticar que a xente emigre", dixo. Fronte a iso, unha "Galicia en Grande" do século XXI.
  comenta   0
Esta semana celebrase o segundo Debate sobre o Estado da Autonomía ao que se enfronta, tras revalidar a maioría absoluta en febreiro de 2024. A Xunta di que "máis dun 70% de promesas están cumpridas ou en marcha" neste primeiro ano.
  comenta   0