O TSXG anula unha sentenza dun xulgado de Pontevedra que confirmaba o despedimento dunha traballadora dunha residencia de anciáns que se negou a facer as probas de antíxenos ata en 18 ocasións.
  comenta   0
O Comité Intercentros prevé paros totais nos primeiros días de maio, unha medida coa que queren instar á Corporación a negociar.
  comenta   0
A disolución da sociedade e posteriormente a creación dunha nova empresa provocou que algúns traballadores non fosen readmitidos ou entraran con diferentes dereitos aos que tiñan previamente.
  comenta   0
O sindicalista Rafael Pillado reconstrúe a xornada máis tráxica e icónica do movemento obreiro galego cos detalles propios de quen a viviu en primeira liña. “Eu vin morrer a Daniel Niebla, estaba a un metro e medio de min”.
  comenta   0
Denuncian "flagrantes incumprimentos da lexislación laboral e dos seus deberes diante da Seguridade Social" por parte da empresa.
  comenta   0
Alar Galicia foi condenada en 2016 a readmitir un traballador logo de despedilo para colocar no seu lugar a unha persoa afín aproveitando unha subvención.
  comenta   0
A nova do nomeamento chega pouco despois de que se coñecera o despido do presidente de comité de empresa por "causas disciplinarias".
  comenta   0
O banco comunicou aos sindicatos que a data de corte para establecer o perímetro do persoal afectado en prexubilacións e xubilacións será o 31 de decembro de 2020 e a data para o cálculo dos importes sobre o salario anual asignado será a data de firma do acordo.
  comenta   0
A través dunha nota de prensa, a CIG lamenta que o despedimento destes dous traballadores faise "en represalia pola súa filiación sindical e pola súa proximidade cos representantes do persoal".
  comenta   0
A súa proposta pasa por darlle máis facilidades e subvencións á multinacional a través de grandes descontos da tarifa eléctrica.
  comenta   0
Tres traballadores expoñen a "situación límite" que afrontan ao non cobrar desde hai catro meses en Muebles Hermida, unha das grandes empresas de Lourenzá, que solicitou o concurso de acredores.
O Colexio de Xornalistas expresa o seu pesar polo despido de cinco traballadores deste medio que se suman aos 13 do xornal El Progreso.
  comenta   1
Rogelia Mariña, que volveu á fábrica no 2018 tras unha sentenza ao seu favor, foi sinalada polo máximo accionista e destituída polas súas propias compañeiras no pasado verán.
O despedimento de David, traballador do servizo de limpeza dos colexios da cidade de Vigo (en poder da concesionaria Mantelnor desde hai ano e medio), provocou unha mobilización sen precedentes entre todo o plantel.
Roy Harvey enviou unha carta de Nadal aos operarios de Avilés e A Coruña para felicitar as festas tras o anuncio de peche das súas fábricas. Contestoulle duramente con outra misiva o presidente do comité, Juan Carlos López Corbacho. Mantéñense as mobilizacións mentres que Xunta e Goberno central cren que hai posibilidades de atopar solucións.
  comenta   0
O presidente galego di que "ata agora sempre se chegaba a un acordo" coa multinacional e aposta por un pacto cos Executivos central e asturiano e cos sindicatos para tentar buscar unha saída.
  comenta   0
“Estou orgullosa de que me revocasen por suxerir que defendería ás traballadoras“ di Rogelia Mariña.
Unha delas, na fábrica desde hai 30 anos, xa fora castigada no conflito laboral do 2016. UGT asegura que a dirección "só quere afíns" de cara á asemblea de traballadoras do 11 de setembro, unha acusación que o conselleiro delegado desminte.