Todos os xornais tradicionais perden influencia territorial. De feito, La Voz comeza a ser xa residual en Ourense e Pontevedra, mentres que Faro de Vigo só se le na de Pontevedra. Os grandes xornais tamén seguen perdendo lectores no último trimestre deste ano. A televisión mantense, sendo Telecinco a máis seguida e, a radio, baixa, aínda que pouco, sendo a Cadena Ser a emisora líder en Galicia.
  comenta   2
Hai quen aproveita o seu último escrito no mundo para tirar de humor, pedir a participación nunha causa ou lanzar un dardo á familia: "que non se molesten en vir".
  comenta   0
Os negacionistas da Covid-19 teñen medios de comunicación propios, redes sociais e mesmo un partido político filofascista fundado por un ex de Vox de túrbido pasado. Analizamos como transmiten as súas mensaxes cun experto en comunicación: “está nacendo unha industria moi próxima a estes grupos”.
  comenta   2
"A dos telediarios del final os puedo asegurar que (...) el mundo se divide entre los que están sanos y los que están enfermos: la mayor fortuna de la vida es la fortuna de vivir mientras uno está libre de enfermedad." (Julio Dorado, El silencio del aviador, La Región, 2/10/2020).
  comenta   0
Está xa próxima a festa de “A Mercé”. Así reza o lema: Ave, Sancta Mater captivorum omnium, et ora pro nobis”. A nosa Señora da Mercé é de moi antigo a Padroeira dos presos. Trinitarios, Mercedarios e redención de captivos. Diso xa fala Cervantes no Quixote.
  comenta   0
Utiliza a Turismo de Galicia para repatrir máis de 600.000 euros entre prensa, radio, televisión e medios dixitais. Algúns deles moi vinculados ao Partido Popular e con escasa presenza en Galicia. La Voz de Galicia, Cadena Cope, Cadena Ser, Onda Cero, ABC ou Libertad Digital entre os subvencionados.
  comenta   6
Defende dar este diñeiro para ter "uns medios de comunicación plurais e independentes”. La voz recibiu máis da metade destas axudas o pasado ano. O goberno de Feijóo só pide que se utilice un 10% de galego por parte destes xornais para recibir as subvencións.
  comenta   9
Unha das multinacionais máis contaminantes do Estado e da que depende o futuro de centos de traballadores da Coruña e Lugo mercou a portada e contraportada de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña, El Progreso ou El Correo Gallego, entre outros. Destacados xornalistas alertan do control que estas empresas teñen dos medios de comunicación.
  comenta   3
O pasado ano La voz recibiu case 1,2 millóns do total das axudas, a moita distancia de El Progreso, 300.000 e La Región, máis de 182.000. O Goberno galego só esixe que se utilice un 10% de galego por parte destes xornais para recibir as subvencións.
  comenta   7
O xornal de Santiago Rey recomendalle moderación tras os ataques a Feijóo e lembra que noutra ocasión xa tivo que ser Pilar García Negro –colaboradora deste medio--, a que fixera rectificar á líder nacionalista. Pontón insiste en que hai "manadas" no ámbito doméstico, no social e no institucional.
  comenta   12
La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País e El Mundo transgrediron pautas éticas no tratamento da catástrofe, vulnerando fundamentalmente a protección da privacidade dos protagonistas e a non inclusión de contidos cruentos, segundo un estudo de Alba Almenara Lorenzo, investigadora da Universidad de La Laguna.
  comenta   2