O baleirado de encoros nos ríos Sil e Miño, así como outros correspondentes á súa Confederación Hidrográfica, coincide cos picos máis altos no prezo da luz. O Goberno central pide “empatía social” ás empresas, a Xunta de Galicia descarga toda a responsabilidade na Confederación Hidrográfica Miño-Sil e as facturas da luz seguen subindo sen parar.