"Compromiso poderá non concorrer a algunhas eleccións, pero ás galegas e municipais concorrerá sempre", aseguran. Nos comicios do 25S só conseguiron 4.030 votos, a peor cifra na curta historia desta formación.
  comenta   16
O PP obtivo, por mor do sistema electoral, “unha sobrerrepresentación dun 7%”, segundo sinala o Observatorio da Gobernanza, que advirte dun “desequilibrio” á hora de traducir votos en escanos.
  comenta   4
O deputado de En Marea no Congreso fala abertamente nesta entrevista do erro cometido por publicar un tweet ofensivo para os galegos. Di que tentou expresarse como xa fixo Celso Emilio en “Viaxe ao país dos ananos” e denuncia unha campaña organizada contra el desde hai tempo. Asegura estar doído coas críticas dalgúns cargos do BNG contra el, pero aposta por traballar conxuntamente con esta formación. “Alegroume que teña acadado grupo parlamentario”, apunta.
  comenta   31
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vinculou este mércores os "moi malos resultados" do PSdeG nas eleccións do pasado domingo cos cambios introducidos nas candidaturas, singularmente na de Pontevedra.
  comenta   0
O deputado de En Marea no Congreso pola provincia de Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, denunciou este mércores unha persecución "dende hai meses" contra a súa persoa por parte do PP, a través das redes sociais.
  comenta   5
O Pacma duplica os seus votos con respecto aos comicios do 2012. Crece especialmente nas cidades.
  comenta   1
O PP, dende as súas contas oficiais en Twitter, e centos de afiliados e simpatizantes dos populares e de toda a dereita e ultradereita españolas, participan nunha acción masiva contra a segunda forza política de Galicia e o seu deputado no Congreso logo de que este pedise desculpas por un chío ofensivo cara os galegos. Non é a primeira vez que a dereita española se organiza para atacar a Miguel Anxo Fernán Vello.
  comenta   68
O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presidirá este mércores a Xunta Directiva do partido para avaliar os resultados electorais da cita coas urnas do pasado domingo 25 de setembro, cando logrou revalidar a súa terceira maioría absoluta, a única autonómica de España.
  comenta   0
O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presidirá este mércores a Xunta Directiva do partido para avaliar os resultados electorais da cita coas urnas do pasado domingo 25 de setembro, cando logrou revalidar a súa terceira maioría absoluta, a única autonómica de España.
  comenta   0
O deputado de En Marea por Lugo Miguel Anxo Fernán Vello considera "ridículo" que o PP, onde "hai unha putrefacción xeral e non dimite ninguén", reclamara que deixe o seu escano por un tuit "desafortunado" que xa retirou e polo que xa pediu desculpas.
  comenta   0
A voceiro adxunta do Grupo Popular no Congreso e deputada por A Coruña, Marta González, esixiu este martes ao deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello que dea "explicacións e desculpas serias e contundentes" por tachar de "ignorante" ao pobo galego polos resultados das eleccións galegas do domingo, e se non que presente a súa dimisión e deixe a súa acta.
  comenta   1
A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, apelou este martes a "evitar personalismos" e "cotas territoriais" na elección do novo Goberno da Xunta, despois de que Alberto Núñez Feijóo revalidase a súa maioría absoluta o domingo.
  comenta   0
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, opinou este martes que as mareas teñen que facer "toda a autocrítica que consideren" tras os resultados do pasado domingo nas urnas, pero que "non "deben flaxelarse", pois "para flaxelalas xa hai moita xente apuntada" no club".
  comenta   0
O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, tivo que rectificar e pedir desculpas tras tachar de "ignorante" o pobo galego polos resultados das eleccións galegas do pasado domingo.
  comenta   7
O resultado das eleccións galegas xerou unha avalancha de mensaxes nas redes sociais cheas de desprezo e insultos ao pobo galego e a Galicia. GC recolleu unha escolma destes chíos publicados dende toda España.
  comenta   43
"Enhorabuena a @FeijooGalicia, claro, pero felicidades también a los gallegos por votar Gestión y no otras cosas. Envidia sana de ellos", escribíu unha informadora de TVE. A esta felicitación sumouse o presidente de Telemadrid.
  comenta   5
Todo o bloque opositor a Leiceaga critica duramente os resultados e pide responsabilidades e dimisións. Pilar Cancela descarta dimisións e fontes próximas ao líder socialista acusan a certos dirixentes de “non facer campaña” para prexudicar á dirección actual e avisan de que “non van sair de rosiñas”.
  comenta   11
O PP superou este domingo a metade dos votos en case o 70 por cento dos municipios galegos --en 215 dos 314 que hai na comunidade-- e chegou a superar o 80% en tres ourensanos --Avión (88,75%), Beariz (87,52%) e Quintela de Leirado (83,33%)--.
  comenta   0
O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, admitiu este luns que a expectativa electoral do seu partido nas eleccións autonómicas deste domingo en Galicia e o País Vasco era "humilde", entrar nos Parlamentos polo menos cun deputado, e non a alcanzaron.
  comenta   0
Di que o BNG "rompeu con todas as previsións, expectativas e enquisas" e responsabiliza da victoria do PP ao "fracaso das forzas políticas estatais".
  comenta   6
"Orgulloso" do seu ata agora Goberno, sostén que as "aliñacións" do novo Executivo hai que dalas "antes de saltar ao campo"
  comenta   0
6.802 usuarios publicaron 33 mensaxes por minuto referidas ao presidente da Xunta, durante cinco horas, dende as 20.00 horas deste domingo, cando comezou o reconto e se coñeceron as primeiras enquisas. Moitas críticas e comentarios ácidos, pero tamén autocompracencia dende o PP. Analizamos o impacto en Twitter da vitoria de Alberto Núñez Feijóo cos datos máis destacados.
  comenta   0
A existencia de CxG está en xogo tras obter os peores resultados da súa curta existencia. A formación, que perdeu destacados militantes nos últimos meses, enfróntase a un futuro incerto. Xoán Bascuas fala de "reiniciar" o partido.
  comenta   3
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), instou este luns a "respectar a vontade popular" tras as eleccións do domingo e a que En Marea "asuma o rol" de oposición coa "máxima ilusión".
  comenta   0
O alcalde de Pedrafita, o socialista José Luís Raposo, opinou que o PSdeG intentou "enganar á sociedade dicindo" que se renovaba, cando o que pasou, ao seu xuízo, é que no partido están "os mesmos sempre e os peores".
  comenta   0
O vicesecretario xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas, non cre que os seus malos resultados en Galicia e País Vasco, onde non lograron representación parlamentaria, poñan en cuestión a estratexia do partido no ámbito nacional.
  comenta   0
O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que "a mensaxe" que Galicia e Euskadi deron nas urnas este domingo -co seu logro de salvar a única maioría absoluta autonómica- "debería ser entendido polos responsables do bloqueo", en alusión ao PSOE, e, en consecuencia, "útil" para "orientar a política española das próximas semanas".
  comenta   0
O candidato á presidencia da Xunta por En Marea, Luís Villares, afirmou este luns que a formación fará "unha oposición na que non se dea tregua fronte á destrución dos dereitos sociais" e que loitará contra "os recortes" e "o sufrimento" que "as políticas do PP causaron durante estes anos".
  comenta   0
Feijóo acúsao de levar o PSOE ao "suicidio colectivo", José Blanco di que "máis ten que pasar para que o partido reflexione" e Pablo Iglesias advirtelle que ten que mirar "de igual a igual" a Podemos.
  comenta   0
O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, afirmou este luns que os resultados do PSOE nas eleccións vascas e galegas obrigan á formación liderada por Pedro Sánchez a recoñecer "que sós non poden" e que deben "mirar de igual a igual" a Podemos para chegar a un entendemento.
  comenta   0
"Non logramos mobilizar á nosa xente", asegura Jorge Suárez que aposta por buscar "unha mellor conexión coa cidadanía".
  comenta   4
O exvicesecretario xeral do PSOE José Blanco declarouse este luns "desolado" e preguntouse "que máis ten que pasar para que o PSOE reflexione", despois dos malos resultados do seu partido nas eleccións vascas e galegas.
  comenta   0
O grupo parlamentario do BNG estará composto por un total de seis deputados, un menos que na anterior lexislatura. Catro deles estrearanse no hemiciclo galego ao ser escollidos por primeira vez nos comicios para ocupar un escano.
  comenta   0
Nove dos 14 deputados socialistas estrearanse esta lexislatura nun grupo con máis homes que mulleres --son oito e seis, respectivamente, como resultado dunhas listas paritarias--.
  comenta   0
O grupo de En Marea -partido instrumental no que se integran Podemos, Anova e Esquerda Unida- no Parlamento galego contará con 14 deputados, cinco por cada unha das provincias atlánticas e dous polas do interior.
  comenta   0
Caras coñecidas da última lexislatura, e algunha novidade, conforman o grupo dos populares galegos, que mantén os 41 deputados, entre eles os conselleiros de Alberto Núñez Feijóo e o secretario xeral do partido, Miguel Tellado.
  comenta   0
"Galicia non vai parar", compromete, antes dunha intensa xornada na que se reunirá coa cúpula do PPdeG e acudirá ao Comité Executivo
  comenta   0