A plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova organiza esta andaina para evitar a implantación dos aeroxeneradores a menos dun quilómetro das vivendas.
  comenta   0
A "Plataforma Eiquí Eólicos Non" recolleu mais de 500 alegacións contra o proxecto do parque eólico de Barxas; e a elas hai que sumar mais de 3.500 recollidas no Bierzo pola plataforma Rural Sostenible contra os proxectos eólicos que afectan a zona.
Ecoloxistas en Acción pide ao Goberno central rexeitar proxectos de eólica mariña que leven tomas de terra para a evacuación da enerxía a través das praias.
  comenta   0
O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, tamén incluíu nas súas queixas á subestación que Red Eléctrica ten en Balaídos, Vigo.
  comenta   0
Enel Green Power quere construír seis parques na zona noroccidental da provincia da Coruña, cunha potencia conxunta de 611 megawatts.
  comenta   0
O presidente da Xunta avanzou que, un ano máis, o Goberno galego conxelará os prezos das matrículas universitarias, o que suporá un aforro de case 19 millóns de euros para as familias.
  comenta   0
O suceso aconteceu en Asturias mentres se discutía no pleno da Xunta Xeral do Principado de Asturias unha iniciativa sobre sinistralidade laboral.
  comenta   1
O proxecto tamén contempla o desenvolvemento de liñas de alta tensión que atravesarían Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras, Abegondo, Carral e Ordes.
  comenta   0
O Parlamento tamén aprobou outra iniciativa do grupo popular para instar á Xunta a que o Goberno de España non proceda á tramitación e autorización de proxectos eólicos da súa competencia fóra das áreas definidas polo Plan Sectorial autonómico.
  comenta   0
As empresas eólicas de Galicia sérvense de lexislación impulsada polo PP para expropiar os donos de terras que se resisten a cedelas. O resultado é unha negociación “viciada dende o comezo”, segundo asociacións do sector, e que se apoia nunha lei "improvisada" polos franquistas en 1939.
  comenta   3
SOS Encrobas e Salvemos a Comarca de Ordes convocan unha reunión para informar á veciñanza destes proxectos e piden transparencia por parte do concello e as empresas.
  comenta   0
O tamén conselleiro de Economía da Xunta, Francisco Conde, apelou á coordinación entre administracións para conseguir unha planificación ordenada do sector eólico.
  comenta   0
A Rede Galega por un Rural Vivo denuncia que o marco legal dos eólicos está "desfasado" e orientado aos intrereses do "oligopolio enerxético".
  comenta   0
O vicepresidente segundo, Francisco Conde, reivindicou que a Xunta "ten un compromiso firme por facer compatible medio ambiente e actividade económica", así como "desenvolver de forma ordenada a enerxía eólica".
  comenta   0
Segundo defendeu a popular Marisol Díaz, o "compromiso" da Xunta con respecto á protección do patrimonio é "inquebrantable" e "sen distincións" nin "filtros partidistas nin partidarios".
  comenta   0
O SLG denuncia que o actual modelo eólico obrigará a abandonar o rural: "non se vai poder vivir nel con muíños de 200 metros perto das nosas vivendas".
  comenta   2
O parque eólico Felga podería ter sido fragmentado de forma "irregular", á parte de proxectarse sobre unha zona na que, apuntan os veciños, a explotación eólica está prohibida.
  comenta   0
O Monte do Gato, na provincia da Coruña, vese ameazado por un proxecto eólico acusado de múltiples irregularidades. A redescuberta dun castelo 'perdido' podería pór fin á iniciativa, sempre e cando a Xunta dea o visto bo para seguir estudando o caso.
  comenta   0
A cuarta mesa redonda do ciclo “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza”, organizada por ADEGA, deu voz a colectivos e persoas afectadas.
  comenta   0
José Miñones lembrou que a eólica mariña está incluída nun dos compoñentes "da política panca de Transición Xusta do Plan de Recuperación", que xa remitiu o Goberno español para a súa aprobación en Bruxelas.
  comenta   0
"Non pode ser que todo o mundo estea equivocado", subliñou a deputada do BNG, Noa Presas, para instar á Xunta a "sentar a negociar un novo modelo" con "novas zonas de exclusión".
  comenta   0
A produción eólica mariña está collendo forza entre o empresariado galego e foráneo con intereses en Galicia. O 31 de maio de 2021 Asime e a Galician Offshore Energy Group (GOE) apuntaban tres lugares como puntos de referencia, A Mariña, Punta Langosteira e o Valmiñor, como potenciais enclaves para instalar aeroxeradores en augas atlánticas. É isto unha resposta á proliferación de parques en terra firme ou é un complemento?
  comenta   0
Aposta por un modelo "respectuoso" co medio ambiente e co sector primario e que deixe "retorno" nas zonas nas que se asente.
  comenta   0
A comarca de Bergantiños mobilízase contra un modelo eólico "caótico" que, sosteñen, acelerará o despoboamento do rural.
  comenta   0
O deputado do Bloque Luís Bará pide parar estes proxectos e asegura que non queda "nada tranquilo" coas explicacións da dirixente autonómica Belén do Campo.
  comenta   0
Unha recreación amosa, en clave de humor, a nova loita que se libra no rural galego; a oposición dos megaparques eólicos.
  comenta   0
O vicepresidente económico da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, transmitiu este e outros puntos nunha reunión de traballo de dirixentes do PP.
  comenta   0
A Sociedade Galega de Historia Natural fai memoria sobre os primeiros pasos da avalancha eólica que hoxe, a ollos do ecoloxismo, ataca Galicia. "En 2011 xa houbo un auténtico 'vendaval' de proxectos", apuntan.
  comenta   0
Petón do Lobo mobilízase contra un macroproxecto que abranguería 11 concellos e sobre o que pende a sombra da "irregularidade".
  comenta   0