Un estudo científico do profesor galego Joaquín Triñanes evidencia unha relación entre o aumento da temperatura do mar e o incremento de infeccións no mundo por bacterias da familia vibrio. As zonas costeiras aptas para estes patóxeno poderían ampliarse este século, en todo o mundo, até 38.000 quilómetros. As rías galegas están servindo como campo de estudo para coñecer mellor a relación entre o cambio climático e as infeccións por vibrio.
  comenta   0
Investigadoras das universidades de Santiago e A Coruña comprobaron que durante a pandemia se reduciu a cantidade de publicacións en Twitter sobre o cambio climático. Varios estudos apuntan a unha relación entre a crise sanitaria e a climática.
  comenta   0
Galicia apenas presta interese á imperiosa necesidade de repensar e redeseñar infraestruturas e a arquitectura urbanística para adaptarse aos efectos da crise climática. O porto exterior da Coruña, por exemplo, é moi vulnerable a eses impactos. As urbes deberán tamén acometer mudanzas no deseño e construción de edificios. Lugo ten un proxecto pioneiro de adaptación urbanística.
  comenta   0
Investigadores da Universidade de Santiago calculan que as áreas propensas aos lumes aumentarán un 27% no mundo se non se frea o cambio climático. Expertos europeos advirten de que o risco de ter grandes e intensos incendios forestais irá aumentando na península ibérica, e destacan o esforzo investigador que está a realizar Portugal. Un estudo sinala que o abandono do rural e o envellecemento da poboación son determinantes no número e intensidade dos incendios en Galicia.
  comenta   1
A exposición a maiores temperaturas polo cambio climático aumentará as taxas de mortalidade nos bivalvos, segundo un estudo realizado en rías galegas.
  comenta   2
Foron en total 29,81 millóns de toneladas, procedentes principalmente das industrias relacionadas co sector enerxético, segundo a Xunta.
  comenta   0
"A situación de crise ambiental require respostas e os lumes están a volverse máis virulentos precisamente polo cambio climático", manifestou Pontón.
  comenta   0
Un estudo científico alerta de que o aumento do quecemento do mar ameaza a existencia da 'Himanthalia elongata' (correola, espaguete de mar ou cinta). Con todo, as Rías Baixas poden convertese nun “refuxio climático” para macroalgas como 'Bifurcaria bifurcata'.
  comenta   0
Un novo estudo científico advirte dunha maior ameaza para o bivalvo en augas de Galicia que no Mediterráneo pola maior acumulación de metais debido ao quecemento global de mares e océanos.
  comenta   0
Un estudo advirte de que o territorio galego podería sufrir entre 2021 e 2050 unha importante diminución da precipitación total no verán e primavera, e veríase afectado por un aumento de días con precipitacións intensas máis acusado no outono e inverno, cun incremento das alertas por inundacións. A parte central da península sería a menos afectada polo descenso de choivas, que sería máis acusado nas zonas sur e mediterránea.
  comenta   0
"Non somos conscientes desta crise. Se non nos adaptamos, imos levar golpes”, pensa Joan Alibés, enxeñeiro agrónomo e fundador de Beealia. Falta responsabilidade individual, pero tamén "políticas xerais a longo prazo" que fomenten o aproveitamento sustentable do rural: "A Xunta vai aldea por aldea. Así halles costar chegar ás 30.000..."
Investigadores avisan tamén dun aumento no número de vagas de calor ao longo deste século e piden ás autoridades competentes que comecen a tomar medidas para adaptar as urbes ao cambio climático. Ourense sería a cidade máis afectada.
  comenta   0
Un estudo científico indica que a finais deste século estes moluscos van estar sometidos a un estrés térmico que se traduce nun crecemento máis lento e nunha menor produtividade. Os investigadores sinalan as áreas externas das rías galegas como a mellor localización no futuro para os polígonos mexilloeiros.
  comenta   0
De novo, a falta de proxecto de País e a continua débeda de inversión das distintas administracións do Estado con Galicia, poden ser unha nova oportunidade para Galicia, paradoxo. A nosa pobre situación industrial e competitiva supón hoxe unha vantaxe. A emerxencia climática e a firmeza coa que parece que Bruxelas quere actuar neste campo supón unha conxuntura para que dende Galicia se ocupe a vangarda no cambio de modelo cara a “New green deal”.
  comenta   0
Feijóo avanza novas axudas aos concellos para pór a disposición dos cidadáns "espazos de autorreparación e intercambio de obxectos"
  comenta   0
Coral Salvador, investigadora do Laboratorio de Física Ambiental EPHYSLAB da Universidade de Vigo, explica a GC os resultados dos estudos que liderou sobre o impacto deste extremo hidrolóxico sobre causas específicas de mortalidade (naturais, circulatorias e respiratorias) na península Ibérica, no contexto do cambio climático.
  comenta   0
Solicita tamén que se configure un plan para apostar pola revitalización do medio rural e as enerxías renovables como vías para combater o cambio climático.
  comenta   0