Como novidade, incrementaranse en dez puntos a porcentaxe de axuda que corresponda no caso de que o beneficiario pertenza a algún dos seguintes colectivos: menores de 36 anos e familias numerosas e monoparentais.
  comenta   0
As vivendas dos emigrantes retornados trouxeron códigos estéticos da arquitectura suramericana. A demolición de casas que non están en risco de derrube trae un baleiro na nosa historia. Esta casa da Lama do 1919 non é tan vistosa como a Torre dos Moreno ou a Casa da Maleta, pero é patrimonio.
  comenta   2
O avogado José Díaz denunciou que, cada ano, os pensionistas "perden" ao redor do 20% dos seus ingresos, e fixo un chamamento a todos os emigrantes retornados que se atopen nesa situación para que reclamen.
  comenta   0
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, fala de saldo positivo para Galicia en canto migracións, aumentando o número de chegadas que de saídas. Defende a vocación universal da Estratexia 2020, para axudar a persoas retornadas, baixo o concepto de "ser atractivos" para a descendencia de galegos e así se instalen no país. Miranda non oculta a incerteza que existe arredor do Brexit e as consecuencias para a comunidade galega que vive no Reino Unido.
  comenta   3