Navec forma parte do conxunto de empresas auxiliares ou servizos que traballan dentro da refinaría de Repsol na Coruña. Os últimos atrasos no pagamento de nóminas levantaron todas as alarmas ao mesmo tempo que souberon do concurso de preacredores que envolve á compañía tarraconense. O pagamento atrasouse este mes de agosto do día 10 ao 19
A mina de Penouta ten gran importancia na economía da comarca de Viana do Bolo, posto que dela dependen directamente un total de 129 familias, así como empresas auxiliares e de servizos, polo que os sindicatos "estiman que se crean ata tres postos indirectos por cada traballador da explotación".
  comenta   0
"O obxectivo é abordar o estado no que se atopa nestes momentos o plan de traballo das tarefas de desmantelamento da térmica e conseguir garantías de continuidade laboral para os traballadores das empresas auxiliares, que deberán acometer o cronograma de accións acordado para os próximos meses", indicou a Xunta nun comunicado.
  comenta   0
Xunta e Goberno pecharán un acordo de confidencialidade coa compañía para velar pola "seriedade" das empresas interesadas "no exame das ofertas".
Os sindicatos lembran que a súa construción estaba comprometida para 2023 e a multinacional asegura non incumprir ningún acordo.