O Concello de Mos ainda non incorporou ao seu acervo histórico dous personaxes senlleiros da cultura galega: o arquitecto Manuel Gómez Román, que foi o autor do proxecto da Casa do Concello, a quen Otero Pedrayo calificou como o soñador das mil compostelas; os seus deseños arquitectónicos inspirados no estilo barroco galego coa súa peculiaridade creativa, inzaron con fermosas construcións as nosas paisaxes que aínda hoxe son merecentes de protección e conservación; e Ramón Cabanillas, o poeta cambadés, que foi secretario xeral da Corporación Municipal.
  comenta   0
“Fala galego porque … pensa en galego!”. Este é o texto que que o artista ponteareán Vidalés Tomé lle puxo a unha caricatura súa de Enrique Peinador Lines, tocado cunha monteira, publicada nos anos vinte do século pasado. A min pareceme un retrato moi acaído do pensamento galeguista do empresario máis emblemático de Galicia que rexía os destinos do Balneario de Mondariz e da embotelladora de augas mineromedicinais.
  comenta   0