Os cada vez máis habituais episodios de choivas torrenciais contribuirán á perda de salinidade do mar e aumentarán a mortalidade destes bivalvos, segundo un novo estudo.
  comenta   0
Varios estudos apuntan a un escenario futuro moi complicado, cun aumento xeral das temperaturas máximas, dos días de calor extrema e dos períodos de seca.
  comenta   0
Un estudo científico alerta de que o aumento do quecemento do mar ameaza a existencia da 'Himanthalia elongata' (correola, espaguete de mar ou cinta). Con todo, as Rías Baixas poden convertese nun “refuxio climático” para macroalgas como 'Bifurcaria bifurcata'.
  comenta   0
Un estudo advirte de que o territorio galego podería sufrir entre 2021 e 2050 unha importante diminución da precipitación total no verán e primavera, e veríase afectado por un aumento de días con precipitacións intensas máis acusado no outono e inverno, cun incremento das alertas por inundacións. A parte central da península sería a menos afectada polo descenso de choivas, que sería máis acusado nas zonas sur e mediterránea.
  comenta   0
Un estudo científico indica que a finais deste século estes moluscos van estar sometidos a un estrés térmico que se traduce nun crecemento máis lento e nunha menor produtividade. Os investigadores sinalan as áreas externas das rías galegas como a mellor localización no futuro para os polígonos mexilloeiros.
  comenta   0
Coral Salvador, investigadora do Laboratorio de Física Ambiental EPHYSLAB da Universidade de Vigo, explica a GC os resultados dos estudos que liderou sobre o impacto deste extremo hidrolóxico sobre causas específicas de mortalidade (naturais, circulatorias e respiratorias) na península Ibérica, no contexto do cambio climático.
  comenta   0