O seu nomeamento permitirálle estrearse no mitin deste venres en Vigo xunto á propia ferrolterrá e ao deputado e líder de Máis Madrid, Íñigo Errejón.
  comenta   0
EU ten unha cifra similar de listas conxuntas e en solitario. As dúas forzas lanzan máis candidaturas que en 2019
  comenta   0
Recortes Cero, Alianza Verde, Esquerda Unida, Ourense Mellor, Equo e Podemos concorrerán xuntos aos próximos comicios municipais na cidade de Ourense
  comenta   0
A cita terá lugar en Madrid e tamén coincidirá xusto co final do proceso do seu proceso interno para elixir candidato, que arrincará o próximo 10 de outubro e termina xusto o 4 de novembro.
  comenta   0
Haberá un total de 56 candidaturas. A principal novidade é a entrada de Marea Galeguista en lugar de Compromiso por Galicia, que acudía á cita de abril en solitario.
  comenta   1
Equo pídelle á Xunta os informes técnicos que autorizan a caza do xabarín durante o Estado de Alarma e asegura que o monte tradicional axuda a telos lonxe dos cultivos.
  comenta   0
O lehendakari e os líderes políticos vascos entenden que non poden celebrarse coas debidas garantías para a saúde e dereito a sufraxio.
  comenta   0
A portavoz inicial será Laura Borràs, de Junts per Catalunya, e como adxunto figura Íñigo Errejón, de Más País.
  comenta   11
"Estamos diante dun conflito político e a resolución do mesmo debe canalizarse a través das vías democráticas, o diálogo institucional e o respecto á vontade democrática da cidadanía manifestada nas urnas", aclaran. Tamén, EH Bildu condiciona o seu apoio a Sánchez ao "diálogo" e reivindica o dereito a decidir de Euskadi, Cataluña e Galicia.
  comenta   5
Podemos pretende ministerios sociais como Vivenda e Emprego, e que teñan competencias moi definidas. Non habería vetos a persoas nin por parte da formación morada, nin por parte do PSOE. Nadia Calviño podería ser viceministra económica do goberno.
  comenta   22
É o xeito que tivo esta formación de recadar diñeiro para evitar endebedarse cos bancos como están outras formacións estatais e nacionalistas.
  comenta   1
A división de partidos eleva a 15 as listas en Ourense e Vigo, a cidade máis poboada de Galicia, sitúase como a cidade que máis reduce listas ao pasar de 17 a 11
  comenta   0
Lidia Senra estará no número dous da lista de Compromiso por Europa, Ana Miranda de catro en Agora Repúblicas e Juan Carlos Piñeiro de tres na de Coalición por unha Europa Solidaria.
  comenta   10
Villares cualifica de "magnífico" o acordo alcanzado coa formación de Mónica Oltra. Equo, que nas xerais vai con Podemos e IU, decidiu apostar por esta coalición nas europeas na que tamén participan Chunta Aragonesista e Més.
  comenta   4
Hai sete anos en Galicia só había tres grandes forzas políticas. Hoxe son dez os grupos ou formacións con certa presenza nas institucións do país e, a maior parte delas, do espectro nacionalista e de esquerdas. A ruptura do espazo de En Marea e a presentación de varias listas no espectro nacionalista e rupturista pode provocar que todos queden sen escano en Madrid.
  comenta   18
A formación cre que a confluencia de En Común-Unidas Podemos é a "única arma para combater nas institucións as políticas que atacan os dereitos da clase traballadora"
  comenta   3
Históricamente unha alta mobilización favoreceu o bipartidismo pero esa tendencia podería racharse pola polarización do voto nestes comicios electorais. Tanto na dereita, como na esquerda, son varias as opcións políticas para elexir.
  comenta   5
Na Xuntanza que EU, Podemos e Equo do pasado 3 de xaneiro non había ninguén de Anova. Pero o líder local da formación en Lugo, José Pérez, 'Josito', quere agora contar con esta formación para articular unha alternativa diferente a Lugonovo, afín a Luís Villares.
A tramitación desta infraestrutura, que impulsa unha filial de Endesa, tivo case un cento de alegacións, entre elas, a de numerosas entidades ecoloxistas, patrimoniais e ata doutra compañía eléctrica, Unión Fenosa. A súa promotora asegura que servirá para “mellorar a calidade de vida das zonas rurais".
  comenta   1
José Manuel Pérez Afonso, voceiro de Podemos Lugo, fala nesta entrevista das diferencias xurdidas en Lugonovo, "con xente que viña do BNG e de Compromiso", e apunta que hai conversas para conformar un novo espazo político xunto con IU --que xa ten un concelleiro-- e Equo. Destaca que nesa nova formación haberá primarias e que Podemos Lugo presentará unha candidatura a esas primarias.
Carmen Santos non contempla outro escenario para as municipais en Galicia que o pacto que os morados asinaron en Madrid con Izquierda Unida e Equo. Só acepta que manteñan a marca Compostela Aberta, Marea Atlántica e Ferrol en Común. Marea de Vigo, Marea Pontevedra, Lugo Novo e Ourense en Común, por exemplo, deberían, segundo a líder de Podemos Galicia, acollerse ao plan trazado polas tres formacións estatais. Santos quita ademais ferro a que Pablo Iglesias non incluíse a Galicia entre as nacións do Estado.
  comenta   23
Lémbralle a Eva Solla que foron as bases as que decidiron que o partido instrumental sirva de paraugas para as mareas locais que queiran sumarse á marca, así como respectar as xa consolidadas.
  comenta   4
Esta formación descarta a aplicación en Galicia do pacto Podemos-IU-Equo e aposta por "pactos" entre todos os partidos. As únicas dificultades que poden xurdir será “encaixar nomes e partidos” dentro das distintas listas. O principal problema sería artellar listas conxuntas para tentar acadar poder nas deputacións provinciais.
  comenta   13
As tres formacións acordan concorrer en coalición ás eleccións municipais, autonómicas e europeas que terán lugar en 2019, e condicionan o futuro das mareas en Galicia. Queda por ver que resposta dará Anova a este pacto que ignora a realidade política galega.
  comenta   30
Veciños e o Comité de Defensa das Rías Altas covocaron manifestación o vindeiro día 28 de maio en Laracha. O partido ecoloxista Equo Galicia dá o seu apoio e denuncia “o gravísimo atentado contra unha das fragas máis singulares de Galicia que se consumará coa construción do campo de tiro”.
  comenta   0
Da conformación das mareas urbanas en 2015, a de Ourense foi das máis polémicas. A cousa rematou coa repetición das primarias e con varios dos partidos integrantes denunciando un suposto pucheirazo. Desta vez Ourense en Común quere facer os deberes con tempo. E parece que o proceso está a cristalizar rápido.
  comenta   7
O partido ecoloxista sae denunciando un déficit de transparencia e horizontalidade na coalición. Marcha o día despois da elección de Villares como voceiro, elección que suscitou hoxe as críticas dos alcaldes da Coruña e Santiago.
  comenta   16
Aclara que non se busca substituír unha coalición de partidos por unha de mareas, senón de construír un "espazo de cidadáns".
  comenta   3
O líder de ANOVA aplaude o paso adiante dos alcaldes para concretar a confluencia. Espazo-Equo tamén valora o paso dado polos rexedores, demanda primarias e esperará atenta a convocatoria de xullo
  comenta   0
Estes partidos constitúense nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político. Lamentan que “as forzas partidarias colonizaron o espazo de En Marea", en alusión a EU, Podemos e Anova.
  comenta   2