No "Simposio Mujer y Minería" participan responsábeis polas polémicas minas de Touro, San Finx, Varilongo ou Penouta, todas elas sancionadas por infraccións ambientais.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego afirma que, aínda que en principio non ten por que resultar problemático, "non parece que sexa para botar ovellas".
Unha sentenza desestima o recurso que interpuxera a empresa Erimsa contra o primeiro rexeitamento.
A memoria colectiva de Mesía está atravesada polos acontecementos sucedidos no Nadal do ano 2000: uns camións descargaron centos de vacas mortas nunha canteira abandonada do concello. A veciñanza púxose en pé na defensa daquela terra, e a súa loita traspasou fronteiras.
  comenta   0
Adega celebra a decisión do departamento de Medio Rural e demanda á Dirección Xeral de Enerxía e Minas que denegue o proxecto de explotación. Tamén pide que se faga o mesmo co proxecto mineiro de Touro-O Pino.
  comenta   0
De ser aprobado poría en perigo numerosas explotacións agrícolas e gandeiras da comarca. Un proxecto semellante xa foi rexeitado durante o franquismo, precisamente, polo impacto sobre a agricultura e a gandeiría.
  comenta   1
Entrevistamos a Florencio Quirós, director do polémico proxecto de mina en Xanceda-Mesía, en Ordes. O directivo promete que as terras seguirán sendo produtivas e carga contra os críticos coa explotación de seixo, aos que acusa de “sementar a alarma social”. Como proba exhibe as "1.600 Has. que traballamos nestes anos” e que “quedaron en perfecto estado”
  comenta   2
Margarida Prieto Ledo, coordinadora do SLG na Terra Chá, leva unha década liderando a loita contra esta empresa norueguesa na bisbarra lucense. Nun artigo de opinión aborda o novo proxecto en Mesía-Xanceda, preto de ordes. Denuncia a permisimidade da Xunta.
  comenta   0