Espazo Común critica que Fumega se apartase das directrices do seu partido, acusándoo de desobediencia e de traizoar tanto á organización como á cidadanía local.
  comenta   0
Manuel 'Pachi' Vázquez (O Carballiño) foi durante anos un referente dentro do PSdeG onde ocupou o cargo de secretario xeral logo das eleccións de 2009 que provocaron a dimisión de Emilio Pérez Touriño. Alcalde do Carballiño, deputado autonómico e conselleiro co PSdeG-PSOE, abandonou a formación en 2013. Non quixo renunciar á política e agora volve con Espazo Común Galeguista para presentarse nas eleccións autonómicas. Non morde a lingua sobre algúns aspectos do seu antigo partido e sobre outras formacións. Cre na posibilidade de entrar no Parlamento e nun partido de centro esquerda para Galicia.
  comenta   2
A coalición está formada por Espazo Común, Unidade Local, Compromiso por Galicia, Coalición Galega e Galicia Sempre. Ademais, esta fin de semana darase a coñecer a incorporación dunha sexta formación.
  comenta   0