Entre os obxectivos, ter un catálogo de flora e fauna foráneas e de especies exóticas invasoras e apostar pola substitución de masas de eucalipto por frondosas.
  comenta   0
Científicos confirman o espallamento de dúas especies exóticas nas últimas dúas décadas, ademais de rexistrar por primeira vez para a ciencia un novo tipo de barbada identificado no banco de Galicia.
  comenta   0
Investigadores da Universidade de Santiago e da Universidade Sueca de Ciencias Agrícolas poñen en valor o labor dos grupos activistas e o seu coñecemento sobre esta polémica árbore.
  comenta   1
Introducida na década de 1980 e explotada comercialmente nas Rías Altas, a ostra do Pacífico podería espallarse cara ao sur e ocupar a totalidade das Rías Baixas polo quecemento do mar, causando impactos ambientais e económicos, alertan científicos.
  comenta   0
Desde o primeiro rexistro en augas galegas dun exemplar desta especie, en 2018, contabilizáronse numerosos individuos que iniciaron un proceso de asentamento nas rías, advirten investigadores mariños.
  comenta   0
Adega celebra o Día Internacional da Diversidade Biolóxica cunha limpeza de especies exóticas no cauce de Carballo.
  comenta   0
Os investigadores confirman o primeiro rexistro en Galicia de infestación de vieiras por 'Polydora hoplura', na ría de Vigo, e temen que se estea espallando por outros puntos. Este verme afecta a moluscos bivalvos, nos que se instala perforando as súas cunchas, comprometendo o seu desenvolvemento e existencia.
  comenta   0
A converxencia en Galicia de exemplares que se espallaron naturalmente polo norte peninsular desde Francia e dos que saltaron directamente a Portugal polo transporte humano pode estar producindo novas poboacións da avespa asiática con maior diversidade xenética e maior capacidade de adaptación e de invasión. Análises xenéticas confirman que as poboacións de velutina en Francia foron a fonte da colonización na península ibérica e Italia. Son conclusións dun estudo realizado por investigadores portugueses. Científicos galegos temen que a velutina poida “contribuír aínda máis á evolución dos patóxenos”.
  comenta   0
Unha investigación realizada en Portugal detalla como esta vespa invasora de orixe asiática está a chegar máis rapidamente do que sería natural a áreas próximas a estas vías de circulación. O transporte de mercadorías podería ser a causa. As primeiras colonias da avespa asiática no sur de Galicia entraron por Portugal.
  comenta   0
O Xurés, o Macizo Central, as Fragas do Eume e O Courel están entre estas actuacións. Aposta polas enerxías renovables, a eliminación de especies exóticas invasoras e o fomento do emprego verde. a recuperación de hábitats.
  comenta   0
Serán subvencionables as actividades de restauración de ecosistemas naturais como prados de sega, bosques de castiñeiros ou bosques de ribeira, así como a eliminación de especies exóticas invasoras.
  comenta   0