Gabriela, Alejandro e Gabriel explican as situacións de pobreza que están a vivir e amosanse moi críticos coa privatización do servizo das pensións. Piden, entre outros, un aumento mensual da cuantía percibida e unha revalorización tendo en conta o IPC. Defenden que para acadar ditas demandas "a loita é o único camiño".