O texto acordado pide que a Cámara galega inste á Xunta a demandar ao Goberno a urxente convocatoria do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) para abordar a reforma do modelo de financiamento autonómico.
  comenta   0
..A felicidade do pobre parece A grande ilusão do carnaval A gente trabalha o ano inteiro Por um momento de sonho, pra fazer a fantasia De rei, ou de pirata, ou jardineira E tudo se acabar na quarta-feira…. Antonio Carlos Jobin/ Vinicius de Moraes
  comenta   0
Advirte que Galicia se "fará valer" e propón "unha recuperación á galega" baseada na estabilidade fronte á "frivolidade" estatal. Promete unha nova rebaixa fiscal sen concretar e receitas fronte á crise industrial.
  comenta   0
Impulsan na área sanitaria da Coruña o envío de cartas a pacientes ingresados ou illados. Animalistas piden á Xunta que promocione as "adopcións virtuais" para axudar ás protectoras. O teléfono de información 012 atendeu máis de 18.300 chamadas desde o inicio do estado de alarma. O Colexio de Psicoloxía publica distintos materiais en liña con pautas e consellos na situación actual.
  comenta   0
O presidente da Xunta farao durante o Debate do Estado da Autonomía, onde ademais explicará as medidas que quere adoptar en materia de demografía.
  comenta   0
O portavoz institucional do Grupo Común dá Esquerda, Manuel Lago, adiantou que na Xunta de Portavoces do martes oporanse a fixar na última semana de setembro o Debate do Estado da Autonomía no Parlamento.
  comenta   1
Os socialistas, que tiñan a súa propia proposta de Memoria Histórica, descólganse do PP na iniciativa sobre abrir fosas do franquismo.
  comenta   0
O debate sáldase con oito acordos unánimes e máis de medio cento de resolucións aprobadas, delas, 40 do PPdeG.
  comenta   0
En Marea carga contra o modelo de "incumprimento e fracaso" de Feijóo. O PSdeG reivindica a súa postura de diálogo e o BNG critica o “rodillo” dos populares.
  comenta   0
En Marea non votará favorablemente a ningunha das iniciativas do PPdeG, mentres que o BNG dirá si a unha iniciativa dos populares, relativa á inspección das pontes.
  comenta   0
Memoria histórica, medidas de mellora dos servizos públicos ou unha axenda galega, entre as prioridades dos grupos da oposición. As propostas do PP agrúpanse en economía e emprego, sectores produtivos, políticas de benestar, infraestruturas e temática institucional.
  comenta   0
O presidente da Xunta destaca que o seu goberno é un dos máis estables dos últimos anos e olla xa para a Galicia do 2021 "que será como a Expo de Sevilla ou as Olimpiadas de Barcelona". A oposición dílle que baixe á realidade e que non esquenca que na súa Galicia segue habendo precariedade, pobreza e ata mortos polas súas políticas.
  comenta   0
Tensa sesión no Parlamento galego a conta da herdanza do político galeguista de esquerdas. Feijóo asegura que Castelao "tamén é del" e En Marea, PSdeG e BNG denuncian a apropiación "indigna" da súa figura.
  comenta   0
Reivindica no Debate do Estado da Autonomía o carácter "nacional" de Galicia e reclama investimentos sociais, desmercantilizar os bens básicos e unha reforma estatutaria social. O portavoz de En Marea a Feijóo: "Non merecemos un goberno que provoca suicidios"
  comenta   0
Os 'ugetistas' valoran que o presidente da Xunta ofreza "relanzar" o diálogo social durante o Debate do Estado da Autonomía, mentres que en Comisións Obreiras se congratulan de que a Xunta "valore incluír cláusulas sociais nos contratos públicos".
  comenta   0
O portavoz socialista di que co PP "Galicia vai a menos" por mor dun Goberno "paralizado" e "sen proxecto". Asegura que Feijóo leva anunciadas tantas baixadas de impostos que poderían converter Galicia "nun paraíso fiscal".
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, finalizou o seu discurso asegurando que Galicia "non é lugar de paso na historia" e, tras lembrar que o "futuro non está escrito", concluíu apelando: "O capítulo da nova década, a Galicia do Xacobeo 21, temos que escribila todos xuntos".
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pide "entender" o Xacobeo 2021, "unha oportunidade histórica", como "o que foron para Barcelona" os Xogos Olímpicos ou a "Expo para Sevilla" e apostou por "deseñalo entre todos".
  comenta   1
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que unha lei de impulso demográfico para 2019 e reforzaranse outras axudas, como a ampliación do bono coidado, para contribuír ao crecemento da poboación.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que, "unha vez que xa están despexadas as dúbidas" que o propio Ministerio de Fomento "sementou" sobre a chegada do AVE a Galicia, xa "non hai tempo que perder" senón "tramos por acabar".
  comenta   0
Un chío dos 'populares' contra Carolina Bescansa e Antón Gómez-Reino, durante o Debate do Estado da Autonomía, recibe unha ocorrente resposta en Twitter.
  comenta   0
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, respondeu así ao ofrecemento do presidente da Xunta.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóoo, avanzou que pedirá a convocatoria da Conferencia de Presidentes para abordar a reforma do sistema de financiamento autonómico.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta aprobará un decreto para permitir que nun domicilio se poida cobrar máis dunha Renda de Inclusión (Risga) en determinados casos e permitir compatibilizar o cobro dunha prestación social cun salario.
  comenta   0
O máximo mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo, destacou que os empregados públicos da Xunta volverán percibir o 100% das súas retribucións cando se atopen en situación de incapacidade temporal (IT).
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou a súa solicitude de comparecer na comisión de investigación sobre a sanidade pública forzada polos grupos da oposición no Parlamento de Galicia.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno galego prepara unha lei de fomento da mobilidade da terra produtiva, que prevé "remitir no próximo período de sesións" á Cámara galega.
  comenta   0
"Convidamos á Federación Galega de Municipios e Provincias a preparar xuntos e ofrecemos un pacto da auga". Son palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no transcurso do seu discurso no debate de política xeral que acolle esta semana o Parlamento de Galicia, no que, ademais, avanzou que apostará por reducir o recibo do lixo un 10 por cento e primar o consumo "racional" da auga.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que este mesmo mércores o Consello aprobará o teito de gasto para 2019 e que a próxima semana, no prazo que prevé a lei, enviará o proxecto de orzamentos autonómicos para o ano que vén. Contrapuxo esta situación coa "debilidade" do Goberno central.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, arrincou o seu discurso no debate de política xeral con referencias ao primeiro Parlamento e ao modelo autonómico no que "estaba todo por facer". "Galicia é unha autonomía consolidada", subliñou o mandatario autonómico, quen reivindicou a Transición, tanto a española como a 'galega'.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a posta en marcha dun plan estratéxico 2021-2027, que fixe as "novas metas para a Galicia que vén".
  comenta   0
O portavoz de En Marea pide sumar forzas a toda a oposición medianre un "trato cidadán". A líder do BNG replica ao presidente da Xunta que "outra Galicia é posible, con poder económico e poder político". Leiceaga (PSdeG) atribúe a Feijóo unha "Galicia que vai a menos" polo seu Goberno "paralizado" e "sen proxecto". O xefe do Executivo colocou o Xacobeo 2021 como o seu grande proxecto para os vindeiros anos.
  comenta   1
O presidente da Xunta avanzará as medidas económicas no debate sobre o estado da autonomía. Os grupos ultiman os preparativos para o Debate sobre o Estado da Autonomía, que arrinca este martes.
  comenta   0
Pide ao presidente que rectifique as "graves" declaracións de Gonzalo Durán cara a Carmela Silva antes do debate do Estado de autonomía.
  comenta   0
Os grupo da oposición consideran que estes dous anos de lexislatura só serviron para a proxeción do presidente da Xunta en Madrid. As propostas estarán marcadas pola última remodelación do Goberno da Xunta.
  comenta   0
Chega con pasos dados e algunha tarefa pendente, xa que o seu Executivo dá por cumpridas algo máis do 86% das propostas aprobadas o ano pasado.
  comenta   0