Ramón Salaverría é profesor de Comunicación na Universidade de Navarra. Antes traballou en medios, deu aulas por diversos países e forma parte de organismos como o verificador ibérico Iberifier para combater a desinformación. O luns 7 de abril ofreceu unha palestra sobre os usos e retos da Intelixencia Artificial no mundo do xornalismo así como o futuro da profesión xornalística diante deste novo desafío tecnolóxico.
  comenta   1
Un estudo revela que as redes sociais actúan como amplificadoras de noticias negativas e que poden contribuír á polarización política.
Os bulos e as mentiras amplifican o medo en situacións de emerxencia e erosionan a confianza nas institucións. Expertos destacan a clara intencionalidade política da gran parte de fake news xeradas tras a catástrofe de Valencia e critican a mala actuación gubernamental en situacións de crise.
  comenta   0
As noticias falsas, as fakenews, as mentiras ou loiadas e os altofalantes que as difunden son dous elementos que parecen ter agromado con moita forza nestes tempos das redes sociais, medios ou pseudomedios que aproveitan o libre acceso á Internet para difundir presuntas informacións que logo se demostran falsas. Ademais, centrándonos en Galicia, Rueda anuncia cambios na lei de medios públicos galegos trece anos despois da lei 9/11 sobre o mesmo punto. Algúns profesionais ven unha manobra, outros esperan que haxa cambios en positivo
  comenta   1