O plan anual da Universidade de Vigo busca achegar o labor investigador ao estudantado, comunidade universitaria e cidadanía en xeral.
Profesores galegos desenvolven o proxecto co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología.
  comenta   0
Científicos mostran nun documental o seu traballo con especies como o cabaliño do mar en contornas como as Illas Cíes, onde investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo documentaron por primeira vez a presenza desta especie no arquipélago galego, no marco do proxecto Hippoparques.
  comenta   1
O programa TodoCosmos, do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela, prosegue o seu labor de divulgación da astronomía por 18 concellos galegos.
  comenta   0
A escritora e presentadora da TVG imparte este xoves unha charla baseada no seu último libro publicado por Galaxia. A conferencia forma parte do programa de actividades organizado polo CSIC en paralelo ao concurso de relatos Inspiraciencia.
  comenta   0
Unha enquisa da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología mostra que Galicia está entre as autonomías nas que menos se confía nas pseudociencias e solucións 'máxicas'. No lado negativo, somos os que menos sabemos sobre antibióticos. Case un 11% dos galegos e un 12% dos españois cren que o Sol xira arredor da Terra.
  comenta   5
A campaña de Antón Barreiro, investigador de Bioloxía Funcional da Universidade de Santiago de Compostela, xa acadou a metade do orzamento necesario. Agora buscan un último impulso para acadar os fondos necesarios para a súa investigación.
  comenta   0
Será o único representante de Galicia entre os 32 centros escolares seleccionados para participar na feira científica organizada pola FECYT e que se celebrará na sede do MUNCYT en Madrid os días 27 e 28 de maio.
  comenta   0
O departamento de Bioloxía Funcional da Universidade de Santiago lanza unha campaña no portal Precipita da FECYT para desenvolver unha investigación sobre fármacos para a rexeneración axonal tras unha lesión medular.
  comenta   0
O país é unha das tres autonomías onde menos medrou a actividade científica e onde as cotas de produción estatal diminúen, pasando a ocupar o sexto posto tras ceder o quinto ao País Vasco, segundo un informe do Observatorio Español de I+D+i (ICONO) sobre varios indicadores bibliométricos.
  comenta   0
A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología outorga o seu selo de calidade a estas dúas publicacións da Universidade de Santiago.
  comenta   1
O equipo Aspaveres foi o campión deste certame de modelado 3D de precisión con teléfono móbil, organizado pola Universidade de Santiago con financiamento da FECYT. O D3Mobile-Fundación Mulleres foi para outro colexio de Fene.
  comenta   0
O xogador catalán da NBA colabora co campionato mundial en liña de modelado 3D de precisión con móbil da Universidade de Santiago. Entregará unha zapatilla asinada ao equipo gañador.
  comenta   0
O ‘D3Mobile Metrology World League 2016’ bota a andar este martes na Escola Politécnica Superior de Lugo
  comenta   0
Un novo informe da FECYT salienta que Galicia é a comunidade na que os cidadáns se mostran máis dispostos a apoiar o aumento do gasto nestes sectores, pero tamén na que se percibe menor desenvolvemento en I+D.
  comenta   1
Sete proxectos de divulgación científica da USC consolidan a esta universidade na cabeza da financiación de proxectos, entre eles, os baseados en 3D, matemáticas, física, química ou regueifas de ciencia.
  comenta   0