O Concello de Ortigueira presentou este sábado o cartel e un pequeno avance da programación do Festival Internacional do Mundo Celta 2025, que se celebrará do 9 ao 13 de xullo nunha edición que estará marcada polo 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira e por actuacións como a de Gwendal ou Milladoiro.