A aula Castelao presentou este martes o nome dos relatores que participarán na próxima edición da Semana Galega da Filosofía que se celebrará entre o 1 e o 5 de abril no Teatro Principal de Pontevedra. O programa volverá ter sesións de mañá, tarde e noite.
  comenta   0
O ensino de relixión nos centros públicos abriu unha polémica xa desde os primeiros días da Transición. As diferentes reformas educativas dos gobernos centrais daban ou quitaban valor curricular a esta cadeira creando unha polémica detrás doutra. O que si se pode ver é que esta materia non desaparecerá dos centros públicos sen que se produza un cambio ou unha anulación dos concordatos co Vaticano de 1979.
  comenta   2
Nun mundo cada vez máis complicado e con problemas que requiren solucións innovadoras, hai moito que aprender dos filósofos clásicos. Estes pensadores da antigüidade tiñan unha forma única de abordar os problemas, de pensar de maneira crítica e de atopar solucións creativas.
  comenta   0
As Irmandades da Fala constituídas en 1917, seis anos antes do pasamento de Manuel Murguía, fundador do nacionalismo galego, reivindicou a soberanía estética de Galicia como un dos obxectivos para impedir a desfeita do noso patrimonio arquitectónico, monumental e popular. Continuadores desa filosofía foron os intelectuais da Xeración Nós. O Partido Galeguista, fundado en 1931, incorporou ao seu programa o obxectivo das Irmandades, sendo o arquitecto Manuel Gómez Román o gran valedor da defensa dun estilo arquitectónico xenuinamente galego. Ramón Otero Pedrayo calificouno como o soñador das mil Compostelas para Galicia. As súas construcións espalladas pola xeografía galega e moitos proxectos inéditos que se conservan dan fé do aserto oteriano.
  comenta   0
Lembro que nas clases de filosofía o profe afirmaba que, pra poder reflexionar e filosofar, había que estar nun estado semellante á folganza. Ou sexa: non estar obligado polo traballo. O obxectivo era distanciarse das cousas ordinarias e ver a vida dende unha perspectiva distinta pra facer propostas razonadas ós problemas humanos.
  comenta   0
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, pretende con esta medida "crear alumnos cun espíritu máis crítico".
  comenta   0
Sobre a tribuna do Auditorio Abanca, o tres expuxeron, tras ser cuestionados polo moderador, o xornalista Manuel Fraga Carou, en que consistían as súas profesións: filósofo, economista e xornalista.
  comenta   0
Aproveitaron o 8M para denunciar o acoso que recibiron varias rapazas por parte dun estudante dende 2020 ata finais de 2021.
  comenta   1
O xurado destacou do poemario ser unha "obra telúrica, con imaxes moi potentes na que se fai unha defensa da terra cunha ollada profunda".
  comenta   0
Ás portas do 25 de xullo, cada ano, fago unha reflexión, cal é a mellor forma de sentirse un patriota galego? E cada ano contéstome o mesmo: non existe unha mellor forma, todas son boas, sentir Galicia non é unha filosofía que se poda modular ou poñer baixo unha regra. Sentirse patriota de Galicia é unha acción de cada quen, como cada quen escolla, sen imposicións. Si o sentimento e verdadeiro e a saudade é limpa.
  comenta   0
COVID-19 non é un libro de epidemioloxía, nin de viroloxía, nin tampouco de fotografía artística, senón un traballo de socioloxía lingüística e de filosofía de linguaxe no que podemos atopar aplicacións prácticas dos «xogos da linguaxe» que Wittgenstein describe con minuciosidade nas súas «Investigacións filosóficas».
  comenta   0
Está prevista de maneira semipresencial se a situación sanitaria o permite, pero teñen a posibilidade de celebrala totalmente virtual.
  comenta   0
O profesor Alberto Sucasas trasladou a súa "sorpresa maiúscula" cando tivo constancia dos problemas rexistrados durante o exame.
  comenta   1
Nin o exame principal nin o de reserva anteriores se axustaban aos criterios elaborados polo grupo de traballo da materia.
  comenta   0
Celaá respondeu así ás preguntas dos xornalistas ante casos como o ocorrido este venres en Galicia, onde o exame de Filosofía de Selectividade se aprazou ata a tarde porque o cuestionario non se correspondía cos parámetros establecidos.
  comenta   0
Destacan a "oportunidade" da temática elixida xa que a sociedade actual vive unha serie de situacións e problemas ás que hai que enfrontarse e que teñen que ver co tema da fronteira.
  comenta   0
Colectivos de profesores denuncian que esta situación "non só constitúe unha discriminación" para o alumnado que non queira cursar Relixión, senón queimpide que "poidan formarse" noutras materias.
  comenta   0
O alumnado da Facultade de Filosofía co apoio do Concello de Santiago levaron adiante unha acción reivindicativa, coa que a figura de Concepción Arenal presidirá todo este mes a Praza de Mazarelos. Trátase dunha instalación exterior temporal que cubre con paneis fotográficos a estatua de Montero Ríos.
  comenta   0
A Facultade de Filosofía da USC organiza diversas actividades coincidindo este 16 de novembro co Día Internacional da Filosofía.
  comenta   0
A editorial Axóuxere publica o debut de Almudena Otero Villena como autora, unha compilación de ensaios titulado “عين (‘ayn). O ollo e a fonte”.
  comenta   3
Recollen máis de 8.000 sinaturas para que Filosofía volva ser obrigatoria en Bacharelato. Os promotores da iniciativa destacan que esta materia ofrece "referencias para enfrontarse a un mundo cada vez máis difícil".
  comenta   3
A exdeputada do BNG e profesora do IES Politécnico de Vigo, Carme Adán, xunto a outros profesores e profesoras de diversos centros educativos galegos, está impulsando unha campaña de recollida de sinaturas en defensa da permanencia da asignatura de filosofía no ensino medio.
  comenta   2
O filósofo Ignacio Castro fala nesta entrevista da filosofía actual, da súa relación co acontecer actual, a cultura ou a arte. “Sócrates é máis actual que pensadores nacidos antonte”, suliña ao destacar que o camiño dos homes hai que facelo ao “andar por desertos sen marca”.
  comenta   0