A fisterrá compaxina unha carreira de éxitos nos escenarios coa súa recente incursión na literatura. Vén de gañar o premio Fina Casalderrey por unha obra escrita para a súa filla, de dous anos e medio, na que combate o estereotipos de xénero e as dinámicas patriarcais.