Será o 16 de decembro ás 12 da mañá con máis de douscentos escolares no cine Avenida da Rúa, e en liña a través de Youtube para todo o mundo.
  comenta   0
Un simposio da RAG lembra a versión galega de “Oh Captain! My Captain!” e outras traducións que fixeron historia do protagonista das Letras Galegas 2022.
  comenta   0
Na gala que terá lugar o sábado 22 de outubro no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, e que presentará o activista cultural Anxo Baranga, homenaxearase á comunidade educativa e o seu papel nas Letras Galegas.
  comenta   0
O vindeiro 29 de setembro remata o prazo para presentar obras ao concurso e a gala de entrega do premio será en outubro no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. O presentador do acto será Anxo Baranga, activista cultural de Córgomo e un dos pioneiros en reivindicar a figura de Florencio Delgado Gurriarán como candidato a protagonizar o Día das Letras Galegas.
  comenta   0
O Complexo Hostaleiro Paladium, emprazado en Vilamartín de Valdeorras, acolleu o venres 8 de xullo o acto de entrega de Premios da XXIII Cata Oficial da Feira dos Viños de Valdeorras. Participaron 20 adegas con 42 referencias, 22 brancas e 20 tintas. Esta fin de semana, 9 e 10 de xullo, ten lugar o evento vitivinícola na Praza de Viloira, no Barco de Valdeorras. Florencio Delgado estará presente nunha pequena exposición que amosará a súa vida e a súa obra en varios paneis multimedia.
  comenta   0
O programa especial, para lembrar a figura de Florencio Delgado Gurriarán, levará a Córgomo e contorna diferentes actividades que protagonizarán artistas relevantes da cultura e da escena galega. Entre outros, estarán Cándido Pazó, Alberte Montes, Paco Campos, Fátima Delgado, Anxo Baranga, Lucía Aldao e María Lado.
  comenta   0
Nada en Cuernavaca (México) en 1925 aínda que de orixe galega, contraeu matrimonio en 1944 co escritor de Valdeorras, que se exiliou no país americano tras fuxir de España despois da Guerra Civil.
  comenta   0
Será o vindeiro 26 de maio no Auditorio Municipal de Verín. No transcurso do acto recitaranse e leranse os poemas e narracións premiadas nos certames organizados polo concello co gallo do Día das Letras Galegas.
  comenta   0
Un artigo de Anxo Baranga e Lito Caramés, dous activistas culturais galegos na diáspora catalana, que resume o traballo e o empeño de moitos anos para recuperar a memoria de Florencio Delgado Gurriarán. Este traballo publicouse por primeira vez no número 48 da revista de arte, cultura e tradicións populares: RAIGAME.
  comenta   0
"Se aceptamos que a lingua é un territorio de unión, modernidade e afectos, marca de identidade por encima das siglas e as diferenzas, oxalá saibamos atopar novas iniciativas para avanzar no seu desenvolvemento", aseverou o presidente da RAG, Victor Freixanes.
  comenta   0
O evento serviu para estrear a peza 'Diásporas', composta para a ocasión por Carme Rodríguez a partir dos textos de 'Galicia infinda', poemario referencial do autor.
  comenta   0
O historiador Ramón Villares realizará un percorrido pola biografía de Florencio Delgado Gurriarán, cuxa figura encarna o activismo cultural dos galegos que tiveron que exiliarse en México e que tenderon pontes co exilio interior.
  comenta   0
O programa está conformado por pezas que fan referencia explícita ao homenaxeado e por creacións musicais ligadas á diáspora mexicana con obras dos seus principais referentes como Adolfo Salazar e Rodolfo Halffter, ou o galego Jesús Bal y Gay.
  comenta   0
O supermercado tamén repartirá o 17 de maio 30.000 marcapáxinas e 30.000 bolsas cunha imaxe do homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán.
  comenta   0
O responsable de Política Lingüística cre que a súa figura, apegada a Galicia, "transcende o sistema cultural galego territorial".
  comenta   0
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, destacou a importancia de que "entidades tan próximas á cidadanía como Renfe" colaboren na difusión da imaxe do Día dás Letras Galegas e, por tanto, na homenaxe ao valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.
  comenta   0
Entre os elementos incluídos na programación están distintos proxectos expositivos, como a mostra 'Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños', comisariada por Ricardo Gurriarán.
  comenta   0