A Federación Olívica de Anpas, FOANPAS, denunciou este martes, de novo, os atrasos na tramitación das bolsas municipais de comedor e material, o que provoca unha "situación insustentable" para as familias e as Anpas, "cando o curso xa empezou hai un mes".
O CEIP Altamar insiste en pedir axuda ás administracións e asegura que si informou o Concello de Vigo da praga de cascudas.
A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas) protestou este martes pola "falta de limpeza" nos colexios da cidade e pediu máis persoal á concesionaria municipal encargada destes labores.
A demora prodúcese "cada ano" e a situación derivou en que moitos dos solicitantes optasen por non enviar aos seus fillos ao comedor por ser o custo mensual "inasumible".
A presidenta de Foanpas, Iria Salvande, lamentou que o goberno municipal decidise cubrir as 24 prazas vacantes de conserxería dos centros vigueses contratando a unha empresa privada, no canto de chamando ao persoal da lista do último concurso público.