O despedimento dun grupo de traballadores da Citroen en Vigo foi a faisca que prendeu o lume en setembro de 1972. Paros en fábricas, estaleiros, auxiliares e outras empresas paralizaron a cidade olívica. O recurso á violencia foi o sistema da ditadura franquista para que aquel movemento non chegase a outros lugares do Estado. Cincuenta anos despois segue sendo necesario recordar.