O secretario xeral de UUAA, Roberto García, explicou que unha normativa obriga á industria presentar con dous meses de antelación á finalización do contrato unha proposta escrita do que pagará no seguinte contrato.
  comenta   0
O sindicato afirma que "quedaron sen axuda a maioría" dos produtores solicitantes de mantemento de agricultura ecolóxica: 93 solicitudes en total e 36 concesións.
  comenta   0
Granxeiros e representantes do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) apuntan a que existe un "patente malestar" no sector por como se desenvolveu a campaña de saneamento gandeiro en Abadín, que "está a causar prexuízos económicos".
  comenta   0
Os avances en bioteconoloxía agraria trouxeron millo transxénico resistente á praga da trade. As posibilidades que abre este campo da investigación non están de todo avaliadas, aínda que son moitos os temores e poucas as certezas.
  comenta   0
A seca prolongada fixo subir os custos de produción no sector agrogandeiro e a consecuencia séntena os petos dos e das consumidoras. As temperaturas da actual vaga de calor disparou os prezos de insumos agrario. A situación actual dependerá do comportamento climático e da durabilidade da seca e a vaga de calor.
  comenta   0
Unións Agrarias Federación Rural Galega lamentan a situación e piden á Xunta que "habilite a partida comprometida polo anterior presidente, Núñez Feijóo".
  comenta   0
Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, ve necesario que o campo en Galicia debe ofrecer unha solución ao abandono de explotacións. Cre que o asociacionismo é unha resposta factible aínda que queda camiño por percorrer. O mesmo sucede cos prezos agrarios, que se ben aumentaron no sector lácteo, non colocan a Galicia e ao Estado dentro dunha boa posición na Unión Europea.
  comenta   0
A Asociación Forestal de Galicia elaborou unha batería de propostas entre elas, aclarar que persoas poden ter a condición de comuneiro.
  comenta   0
A formación nacionalista denunciou que as contías ao sector cárnico son "insuficientes e discriminatorias" en comparación coas destinadas á produción láctea.
  comenta   0
O obxectivo, segundo destacan os promotores, é coñecer cando se producen as variacións de prezos, por que se dan e onde van parar eses céntimos que se encarecen entre que o leite sae das granxas e chega aos supermercados.
  comenta   0
A Consellería do Medio Rural avanzou que alegará para que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) reclame á Unión Europea que permita mobilizar recursos do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para pagar axudas directas a este ámbito produtivo.
  comenta   0
Os gandeiros declaran que a Lei de Cadea Alimentaria non se cumpre en canto prezos pagados a produtores de carne. A suba dos prezos para insumos agrarios destinados á produción cárnica fai caer a rendibilidade de moitas explotacións, intensivas ou extensivas. Algúns puntos como a alimentación do gando, o consumo enerxético ou a liña de transporte están afectando de maneira negativa ao prezo final que se paga en granxa.
  comenta   0
O conselleiro de Medio Rural destaca a necesidade de ordenar o monte galego pero con especies diferentes ao eucalipto. Nesta entrevista ve o plan de actuación do Goberno fronte a crise actual como tardío e insuficiente. Tarde para frear as vendas a perdas e insuficiente porque, para González, as medidas non palían todas as necesidades do sector agrogandeiro. Sobre o dispositivo contraincendios da Xunta, insiste en que o seu departamento aposta por un sistema público e efectivo. Ve necesarios cambios na Lei de Montes en Man Común e debulla un plan de actuación para frear o éxodo rural.
  comenta   0
O goberno galego insiste ao Executivo en medidas "urxentes", dentro das súas competencias, "porque os animais non poden esperar e necesitan alimentos todos os días, ademais de ser muxidos".
  comenta   0
Nunha entrevista concedida este domingo a Cadea Ser Galicia, o conselleiro de Medio Rural, José González sinalou que a situación é "moi preocupante", sobre todo se se ten en conta o incremento dos custos de produción en meses previos.
  comenta   1
Salustiano Velo é vicepresidente segundo do Consello Xeral de Economistas de Galicia e decano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo. Nesta entrevista fai unha análise de como pode influír a guerra ruso-ucraína sobre a economía galega. As conclusións máis inmediatas é a necesidade de pensar nun novo fondo de rescate europeo que reforce os Next Generation.
  comenta   2
A Xunta convocou este pasado día 8 de febreiro á Oficina da Seca ante a falta de pluviosidade que afecta a Galicia desde comezos de xaneiro de 2022. Os temores dos gandeiros e agricultores está na incidencia negativa das xeadas sobre cultivos e pastos. Se a situación se agrava, os cutos de produción serán xa moi superiores ao que están sendo nestes momentos.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG destacou que o sector en Galicia "non ten un problema de calidade, que é máxima, senón de prezos, posto que está a obrigar a producir por baixo de custos".
  comenta   0
Os galardóns recoñecen, en diferentes categorías a valorar, as mellores granxas de porcino a nivel nacional. A gala de entrega de premios foi a pasada fin de semana en Lleida.
  comenta   0
Isto tradúcese, segundo o Executivo autonómico, "nunha posición de clara vantaxe comercial nacional e internacional, tanto no comercio de animais bovinos vivos como dos seus produtos".
  comenta   0
Piden non consumir estas marcas que "teñen responsabilidade directa" sobre a situación de gandeiros.
  comenta   0
En resposta a unha pregunta do PPdeG na comisión de Medio Ambiente, a directora xeral de Patrimonio Natural recriminou que o Goberno ignorase " ás catro comunidades que agrupan o 98% de lobos e tomase unha decisión "caprichosa" que "carece de base científica".
  comenta   0
Unións Agrarias culpa a empresas lácteas de "bloquear" as posibles subidas de prezos do leite en orixe e anuncia protestas para o día 11 de novembro.
  comenta   0
A protesta será o 4 de novembro. Reclaman medidas "urxentes" que compensen a "suba desmesurada" de pensos, luz e gasóleo.
  comenta   0
O presidente da Deputación da Coruña participou na mañá deste luns en Santiago de Compostela nunha reunión coa comisión executiva e os responsables sectoriais de Unións Agrarias para abordar a situación dos sectores eólico e primario en Galicia.
  comenta   0
"Ningunha das reivindicacións galegas saíron adiante, coa única excepción do pago asociado por vaca de leite que, como sempre, non pasa dunha compensación como territorio polo desastre que supón para o noso país o deseño de pagos por superficie", explicaron.
  comenta   0
Haberá xornada de portas abertas de gandería extensiva, exposicións de cogomelos, colmeas antigas e modernas, panais e instrumentos de apicultura ou presenza de artesáns da cestería e da madeira.
  comenta   0
As organizacións agrarias Asaja, COAG e UPA uníronse este martes para acusar o Goberno de condenar aos gandeiros e ao sector á súa extinción ao decidir blindar ao lobo, á vez que pediron a dimisión da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.
  comenta   0
A fundación indica que para iso "hai que traballar cos gandeiros e os seus representantes" para que poñan en marcha medidas "efectivas" e os procedementos adecuados para que se paguen "de forma xusta e rápida" as compensacións de danos.
  comenta   0
O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, fixo fincapé na "crise sen precedentes" durante os 18 meses de pandemia co peche da hostalaría, tendo en conta que se trata do sector no que se consumía máis carne.
  comenta   0