A zona nordés de Lugo está sen subnministro e afecta ao HULA e á residencia das Gándaras. Debido á súa complexidade, a brigada de augas non sabe cando poderá volver dar o servizo.
Os centros de atención primaria galegos están a atender citas este martes con relativa normalidade, á vez que priorizan se chegan situacións urxentes e pacientes que precisan cargar os aparellos respiratorios
  comenta   0
O presidente da Xunta de Persoal do Hospital de Burela denuncia que a falta de persoal obriga a trasladar pacientes a Lugo, sobre todo en determinadas especialidades que se poderían atender en Burela. Actualmente, hai concentracións do persoal sanitario que piden melloras nos servizos hospitalarios.
Os feitos ocorreron na madrugada do pasado día 5 de xaneiro, cando, supostamente, a persoa denunciante estaba no exterior dun establecemento de hostalaría da localidade e recibiu o impacto dunha botella de cristal na cabeza, que lle produciu un corte profundo.
O HULA de Lugo habilitara 32 camas de continxencia fronte a virus respiratorios, pero "tan só unha vintena están a ser usadas".
  comenta   0
Simega rexeita as palabras do xefe de Pneumoloxía que insinuaba "blandenguería" entre os facultativos, lembrando que os médicos tamén son traballadores con dereitos.
Resultados esperanzadores contra o cancro de pulmón grazas a un estudo onde participan dous centros galegos. O estudo revela que novos métodos e novos tratamentos inciden de maneira positiva en tumores de pulmón non operables.
  comenta   0
Profesionais insisten en que é "un erro" importar o modelo europeo de centros de referencia e aseguran que os avances na oncoloxía de precisión permitirán nos próximos anos que un 70 % dos tumores sexan curables.
Fontes xudiciais confirmaron que polo momento se descoñece cando se poderá producir o pase a disposición xudicial do detido por este crime.
"Cremos necesaria esa comparecencia para que o presidente explique que están a facer ante esta situación de auténtica saturación", dixo a portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, que lembrou que "o pico de gripe aínda está por chegar" e a situación é xa "insustentable".
  comenta   0
Un motorista, trasladado ao HULA despois chocar contra un coche este fin de semana.
Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un veciño da cidade, de 27 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia no ámbito familiar.
Así o asegurou o sindicato CSIF, mentres que fontes da área sanitaria lucense defenderon que todos os pacientes de Urxencias que van ingresar "teñen xa cama asignada", á vez que recoñeceron que o repunte de doenzas infecciosas elevou as hospitalizacións.
A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer o atropelo, supostamente intencionado, dun dos membros organizadores da proba ciclista Ancares Cycling Marathon.
O conselleiro de Sanidade pon en valor o papel "fundamental" dos ensaios clínicos na investigación médica.
  comenta   0
É o segundo detido por incidentes deste tipo nos últimos días.