As principais empresas afectadas serán Iberconsa e Nova Pescanova, xunto con outras como Wofco, Grupo Profand, Vieirasa, Gandón e Viedamar que terán que pagar entre 50 e 250 millóns de euros coa suba do imposto de exportacións.
O Ministerio Fiscal interpuxo unha querela contra 10 persoas, presuntamente implicadas na adquisición da cadea de tendas especialistas en alimentos conxelados Hiperxel. Foi en 2021 cando a compañía viguesa Iberconsa vendeu a súa participación en Xeldist Conxelados, matriz de Hiperxel, a Vinova Group. Detrás desta firma estaban os empresarios Eusebio Novas e Juan José Villamizar, agora querelados.
A galega Iberconsa podería acabar en mans de Bright Food, empresa estatal chinesa. Nova Pescanova tamén podería ser participada por Shanghai Fisheries, abrsorbida o pasado ano por Bright Food. A conserveira Albo xa foi adquirida en 2016 por Shanghai Kaichuang Marine International, pertencente a Shanghai Fisheries e, polo tanto, a Bright Food, que mantén moi estreitas relacións coa Xunta de Galicia.
  comenta   0