Aula D - Escola de Deseño inaugura unha mostra en Vigo coas imaxes que tomou o colaborador de GC durante a súa estadía no campo de refuxiados instalado en Grecia.
  comenta   0
Grecia, baixo as directrices marcadas por Europa, está a desmantelar o campo de Idomeni e dispersando os refuxiados baixo un apagón informativo, vetando a presenza de xornalistas e voluntarios nesta operación de desaloxo. Nesta terceira achega, o fotoxornalista galego Miguel Núñez, colaborador do GC, ponlle imaxe e palabras á vía morta na que se atopan os refuxiados de Idomeni, chegados de distintos países sacudidos polas guerras, o terrorismo e a miseria.
  comenta   2
Stop Desafiuzamentos apoia á compañeira do colectivo María Díaz, expulsada onda outras 100 persoas voluntarias. “Estamos preocupados polo trato degradante e a indefensión na que están a vivir milleiros de refuxiadas”, denuncia.
  comenta   3
O fotoxornalista galego Miguel Núñez introdúcenos de novo no campo de refuxiados de Idomeni, en Grecia. Nesta segunda achega para GC, o reporteiro gráfico cóntanos e amósanos como as cometas feitas cos restos de tendas rotas e os sorrisos dos cativos desafían o aramado que os retén neste páramo da vergoña para Europa.
  comenta   1
Galicia Confidencial introdúcese no campo de refuxiados de Idomeni (Grecia) a través do obxectivo do fotoxornalista galego Miguel Núñez, colaborador freelance do GC. Nesta primeira achega, dunha serie que iremos publicando, o fotógrafo móstranos a Osman, o cativo afgano de 7 anos con parálise cerebral que chegará este martes a España para ser tratado no hospital La Fe de Valencia. Núñez relátanos, coas súas imaxes e coas súas propias palabras, a crúa realidade dos refuxiados aos que Europa rexeita.
  comenta   0