Os promotores destacan a resposta da cidadanía galega á demanda de lograr uns medois públicos que "respecten de forma escrupulosa a obxectividade, imparcialidade, neutralidade, veracidade e o pluralismo, erradicando a manipulación e a cancelación de contidos e profesionais"
  comenta   0
Unha plataforma cidadá levará unha ILP ao Parlamento para que se aprobe a obriga de ambientar as atraccións de feiras e festas populares con música "made in Galicia" e "na lingua de Rosalía".
  comenta   0
As últimas enquisas do Ministerio de Cultura, correspondentes ao período 2018-2019, reflexan que só o 8 % da poboación acudiu a algún festexo taurino nesas datas e que, dese 8 %, unha gran porcentaxe fíxoo porque lle deron entradas gratis ou descontos. Así, para Cristina, representante da ILP 'No es mi cultura', "a tauromaquia está morrendo e só se mantén viva conectada a un respirador chamado patrimonio cultural".
  comenta   2
Dende o grupo parlamentario aseguran que esta demanda "xa está incorporada e superada" na lei de litoral. O representante desta iniciativa mostra a súa "estupefacción" coa postura do PP de deixar ao sector en "unha situación absoluta de desamparo".
  comenta   0
De acordo coa última Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais elaborada polo Ministerio de Cultura, destacou a plataforma, "unicamente o 0,6 % da poboación galega declara asistir a algún evento taurino no período 2021-2022, unha das porcentaxes máis baixas de todo o Estado".
  comenta   0
Pide que se recoñezan de interese xeral as actividades pesqueiras e marisqueiras de Galicia e que na ordenación do espazo marítimo sexan prioritarias.
  comenta   0