O caso remóntase a xuño de 2016, cando o paciente, que arrastraba problemas cardíacos e nese momento tiña 59 anos, foi sometido a unha intervención cirúrxica no servizo de Cardiología do CHUAC para a substitución da válvula aórtica e da aorta ascedente.
  comenta   0
En palabras do xefe do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago, Federico Martinón, a virulencia desta infección é máis grave en contornas desfavorecidas, onde se producen "a maioría" dos 60.000 falecementos que cada ano cuasa o VRS en lactantes.
  comenta   0
Expertos do Sergas expoñen por primeira vez os detalles clínicos da primeira paciente confirmada que se infectou por dúas veces co SARS-CoV-2 e de 485 casos identificados entre xaneiro e outubro de 2021. Aínda que son raras, científicos observaron un aumento do risco de reinfección coa variante ómicron e cualifican as vacinas como un axente determinante para evitala.
  comenta   0
En canto ás infeccións activas nas escolas infantís redúcense dos 255 contabilizados o mércores 2 de marzo a 234, que representan 21 menos que hai unha semana, con descensos en seis do sete áreas sanitarias, mentres que na de Vigo non hai cambios.
  comenta   0
Novos estudos con participación galega, no contexto da pandemia da covid-19, achegan máis datos e advertencias sobre este problema, considerado xa unha das maiores ameazas para a saúde pública.
  comenta   0
Unha investigación na que participou o CHUS revela por primeira vez os custos reais por paciente crítico ingresado por infeccións bacterianas e insiste na urxente necesidade de combater o problema global da resistencia aos antibióticos. A OMS alerta de que no ano 2050 haberá no mundo máis mortes relacionadas con infeccións causadas por superbacterias resistentes que por cancro.
  comenta   0
As persoas falecidas en Galicia desde o inicio da pandemia diagnosticadas con covid-19 mantéñense en 2.618, ao notificar a Consellería de Sanidade catro novos óbitos na tarde do sábado.
  comenta   0
Investigadores galegos revisan as evidencias científicas sobre este parvovirus emerxente, identificado por primeira vez no ano 2005 e relacionado con infeccións respiratorias e gastrointestinais.
  comenta   0
"A pandemia de COVID-19 foi un recordatorio aleccionador de que as enfermidades infecciosas seguen sendo unha importante ameaza para a saúde pública" declaran os investigadores.
  comenta   0
Fonsagrada, Quiroga, Ancares e A Mariña Central en Lugo; e Noia, Bergantiños, Xallas, Terras de Soneira e Betanzos na Coruña rexistraron unha prevalencia de entre o 0 e o 0,5%, uns valores que non se detectaron en ningunha das comarcas das provincias de Ourense e Pontevedra.
O total é de 504 persoas mortas das que case catrocentas faleceron en atención hospitalaria e máis de cen en residencias de maiores.
  comenta   0
Entre os usuarios de residencias rexístrase un incremento do 3,51% con respecto ao xoves, con 15 afectados máis. Tamén hai que sumar 165 traballadores infectados.
  comenta   0
O SERGAS sinala que as últimas seis vítimas rexistradas este luns padecían patoloxías previas. As mortes prodúcense na xornada máis intensa en canto vítimas mortais.
  comenta   0
A chegada do COVID-19 a Galicia encendeu todas as alarmas entre os diferentes cadros de persoal sanitario, ademais da poboación en xeral. Dentro do sector da saúde algúns segmentos profesionais poñen en dúbida a eficacia das medidas emitidas polo SERGAS, a quen acusan de non ter actuado a tempo cando vían como se extendía o virus polo resto do Estado. Con todo, piden calma e que se evite a alarma social.
  comenta   5
A empresa defende que "actuou en todo momento, e desde o principio, estreita e coordinadamente coas autoridades sanitarias españolas, seguindo as súas instrucións e cun intensivo intercambio de información, garantindo a saúde dos seus clientes e consumidores".
  comenta   0
Galicia Confidencial púxose en contacto con Enrique Míguez, médico especialista en infecciosos do Centro Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). O motivo non é outro que consultar a un especialista sobre a enfermidade de Lyme ou borreliose, e poder aclarar así algúns aspectos sobre esta doenza.
  comenta   2
Os primeiros casos en Galicia da Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA) detectáronse na Coruña a comezos dos 80. Daquela as autoridades sanitarias non estaban preparadas para unha síndrome descoñecida en humanos, aínda que si se sabía dunha síndrome moi semellante en simios africanos. A día de hoxe, son máis especulacións que certezas sobre a orixe da síndrome como do virus.
  comenta   9