A ministra de Educación e FP recalca que este tema é "competencia de Sanidade" e que, ademais, non será ata finais de mes cando se reúna cos conselleiros de Educación.
  comenta   0
Asegura que o Goberno central traballa para que os escolares de 12 a 16 anos poidan estar vacinados en setembro.
  comenta   0
Para a ministra de Educación hai tres puntos que xustifican diferentes EBAU: a distribución competencial das comunidades, a autonomía das universidades e "o desenvolvemento dunha traxectoria vital do alumno".
  comenta   0
A CIG-Ensino explicou que a orde de selección de direccións adóitase debater na mesa sectorial en marzo e que este ano leva un cambio importante ao eliminarse o maior peso da administración educativa na comisión de selección.
  comenta   0
A CIG pide unha reunión coa ministra de Educación Isabel Celaá ante a posibilidade de que parte de este colectivo perda dereitos laborais coa reforma educativa.
  comenta   1
O sindicato destacou o "compromiso" que levaron por parte da Xunta de "facer todo o posible" para limitar unha lei "feita de costas á comunidade educativa e só cos axentes laborais".
  comenta   0
"Hai marxe de manobra para que, sen incumprir a lei", as comunidades autónomas poidan asegurar estes obxectivos en materia educativa, dixo o vicepresidente primeiro.
  comenta   0
O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista no Senado, Ander Gil: "moitos españois verían con bos ollos que Casado deixase de pensar só en si mesmo".
  comenta   1
O presidente do PP, Pablo Casado, explicou que as comunidades que teñan lingua cooficial, como é o caso de Galicia, "manterán o castelán como lingua vehicular, do mesmo xeito que o galego".
  comenta   1
A LOMLOE ou Lei Celaá é a oitava norma da democracia para crear un marco legal xeral para todo o Estado. As diferenzas ideolóxicas, os intereses creados (moitos deles económicos) arredor da educación e as posturas enfrontadas sobre temas concretos, crean unhas divisións entre partidos e comunidade educativa que parecen insalvables. GC fala con distintos organismos educativos sobre os continuos cambios das leis educativas.
  comenta   0
A orde ministerial asinada por Celaá, que entrou en vigor o 25 de abril, permite ás comunidades autónomas competentes "flexibilizar" os criterios de avaliación, promoción e titulación "sen ter en conta limitacións que afecten o número de áreas pendentes".
  comenta   0
O presidente da Xunta defendeu que a comunidade vai manter a "riqueza lingüística" vixente e que o sistema educativo seguirá contando con "dous idiomas" (galego e castelán) e "non un só".
  comenta   0
O Pleno do Congreso aprobou tamén este xoves as novas recomendacións do Pacto de Toledo, tras catro anos de negociación repartidos en tres lexislaturas. O seu contido deberá ser a guía da futura reforma das pensións.
  comenta   1
Docentes de institutos cargan contra unha proposta "superficial" pensada para que "os pais calen a boca". Aseguran que a medida "sairá cara" aos alumnos: "algúns din que non estudarán porque van titular igual".
  comenta   4
A ministra de Educación nega que haxa algunha negociación sobre a educación concertada mais indica que hai un proxecto de lei que recoñece a liberdade de elección das familias.
  comenta   0
O borrador do real decreto que modifica as bolsas para o curso que vén será presentado ao Observatorio de Bolsas e Axudas ao Estudo.
  comenta   0
A ministra de Educación suxire utilizar outros espazos dos centros educativos cando as aulas non sexan suficiente para acoller a todos os estudantes en grupos reducidos.
  comenta   0
Tras constatar que hai "miles de nenos desconectados", o Goberno asinará un plan de dixitalización coas comunidades autónomas, financiado con fondos Feder, para poder garantir que cada alumno teña un computador ou unha tableta.
  comenta   0
"Para setembro non podemos dicir nada con seguridade porque non sabemos cal vai ser a evolución da pandemia. Espermos a ver este verán como se desenvolve", recalcou a ministra Celáa.
  comenta   0
O plan de desescalada do Goberno permitirá durante a fase 2, á que poderían incorporarse algúns territorios xa a finais de maio, que alumnos dalgunhas etapas regresen voluntariamente ás aulas en grupos reducidos para recibir clases de reforzo e repaso.
  comenta   1
A Consellería de Educación optou por manter o silencio á espera da Conferencia Sectorial deste xoves, na que participará xunto ás comunidades autónomas e a ministra Isabel Celaá para abordar o retorno aos centros.
  comenta   0
A ministra de Educación argúe que "non serviría para o principio de equidade". Pola súa banda, as Anpas Galegas piden a Educación que prorrogue a vixencia dos libros de texto polo menos un curso máis.
  comenta   0