A Sociedade Galega de Historia Natural alerta de que as limpezas de ríos e as podas de árbores que se están a facer nesta época do ano coinciden co período de cría de numerosas especies, polo que pide a paralización inmediata destas actuacións. O propio refraneiro popular galego dá conta do 'casamento' dos paxaros durante a Candeloria, a comezos de febreiro, polo que as primeiras crías chegan en marzo.