Liberty, interesada en comprar a planta de Cervo, entregou documentación ao ministerio para demostrar a súa solvencia.
Sindicatos e multinacional sentarán de novo este mércores a primeira hora da mañá, cunha "última proposta" por parte do persoal ante unha situación "moi bloqueada"
Defende que é "axustado a dereito", pide impugnar que Xunta e Goberno sexan "codemandantes" e di que a autoridade laboral non foi "imparcial".
Pide a intervención da planta para facilitar a súa venda e que a multinacional non se vaia "de rositas"
O presidente galego destaca a unidade de acción entre Xunta e Goberno central para tentar solventar o problema. A filial de aluminio do grupo que negociou a compra de Alcoa en Cervo adquire unha planta en Bélxica
  comenta   0
Os sindicatos tratan de "vergoñenta" a formulación da multinacional, da que os traballadores "non tiveron coñecemento", malia "todo o que lle deu A Mariña Lucense".
PP, BNG e PSdeG intensifican as súas reclamacións para unha solución e preparan un escenario de fronte común. Xunta e Goberno central falan de "mala fe". A empresa escúdase para rexeitar a oferta do Estado en que incluía un dereito preferente sobre Alúmina. Os sindicatos ven "premeditación absoluta" no peche da factoría e piden a intervención da planta.
No último día de prazo para unha venda, dez milleiros de persoas marchan en Xove para reclamar a Alcoa que traspase a planta e ás Administracións que a interveñan se non hai acordo.
Pechados nos Concellos de Xove e Viveiro na véspera da data límite para unha venda da planta, obreiros de Alcoa e auxiliares prometen loita ata o final: "non daremos a coitelada á comarca".
O responsable socialista incidiu en que existe "investidor", en alusión a Liberty, e que este ten "un proxecto serio", polo que considera que Alcoa "non pode bloquealo" e abocar ao peche á factoría situada en Cervo.
  comenta   0
Sindicalistas do comité e de auxiliares permanecerán nos consistorios para reclamar a Alcoa que venda a fábrica de aluminio a Liberty House e ás Administracións que interveñan se é preciso.
A días de que finalice o prazo para concretarse unha venda da planta de Aluminio, os traballadores urxen á multinacional a aceptar a oferta de mediación formulada polo Estado.
Na conta atrás para que fructifique o traspaso, os traballadores continúan as mobilizacións para que a propietaria do complexo industrial acceda a vender a planta de Aluminio a Liberty House.
É o xeito que teñen os traballadores de Alcoa de reclamar unha solución para a planta de aluminio, sobre a que pesa unha proposta de ERE e que polo momento a propietaria se nega a vender a Liberty House.
O comité esixe a Alcoa que facilite que frutifique o proxecto, que pasa por xerar aluminio con maior "valor engadido" e por rebaixar o prezo da enerxía con "coxeración" e alimentación "solar".
Unha multitudinaria concentración convocada en Viveiro polo comité de empresa da planta de Alcoa en San Cibrao reivindicou a importancia da súa actividade na comarca da Mariña e pediu un acordo entre a multinacional estadounidense e GFG Alliance que permita investimento para manter a industria e os postos de traballo.
Os obreiros apuntan que titular e compradora difiren na duración do contrato de subministro de alúmina; a Xunta pide ás dúas partes que "subsanen" os puntos de desencontro.
Os tres sindicatos con representación no comité de empresa de Alcoa San Cibrao amosaron este martes o seu “apoio” á venda da planta de aluminio ao grupo británico Liberty House – GFG Alliance.
A titular asegura que o potencial comprador quere poder de decisión para aprobar ou vetar unha posible venda da refinería, que, insiste, "non forma parte" das negociacións