Malia que cumpra facermos Día das Letras aos 365 do ano esta data sempre é boa para facermos balance e tentar albiscarmos un futuro. Un futuro dubidoso, marcado pola omnipresenza mediática do castelán, pola ruptura da transmisión xeracional e mesmo polas chatas de coñecemento da lingua por parte dun importante sector da xente nova educada en castelán, como veñen de reflectir os estudos da Real Academia Galega.
  comenta   0
Será a partir do 16 de febreiro, día do nacemento do poeta. Na homenaxe participan xente do mundo das letras como Manuel Rivas, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fer ou Ledicia Costas; músicos como Abe Rábade e Mercedes Peón, xente vinculada ao audiovisual como Alfonso Zarauza, Miguel de Lira ou Martiño Rivas, xornalistas como Antón Losada, ademais de persoas do mundo do deseño, a edición ou a educación.
  comenta   0