Sidi Sangare ten 13 anos. Naceu en Mali, alí comezou a adestrar para ser atleta, sobre todo carreira. Un día, coma moitos mozos do lugar, caeu na conta que alí non había futuro e por iso atravesou o deserto, primeiro, e o Atlántico até Canarias despois. No reparto de menores non acompañados tocoulle Burela e comezou os seus estudos no Pilar de Foz. Alí destacou en deporte e un profesor díxolle de adestrar cun equipo, o Maderas Barcia, cuxa base está en San Cibrao. Este verán prepararase en Lourenzá
A Casa Maravilhas en Arroxo, Lourenzá, acolle unha exposición sobre os espantallos, uns elementos recorrentes na vida rural para gardar a semente dos paxaros. A mostra recolle imaxes realizadas por Hixinio Flores que durante anos foi retratando os espantallos máis rechamantes da provincia de Lugo. Así, as fotografías mostran o traballo realizado por artesáns e persoas anónimas deixando ver o enxeño das persoas para coidar o seu recorrendo a unha especie de "medo" ou "respeto" que dá a figura humana
O senador José Manuel Balseiro pedirá na Comisión de Cultura que o Executivo lidere e financie a restauración do monumento
A iniciativa partiu da Agrupación industrial da Lousa de Galicia, entidade que premiou aos once concellos que ao seu criterio teñen maior tradición louseira: Ortigueira, A Fonsagrada, Mondoñedo, A Pastoriza, Lourenzá, Samos, Pol, Quiroga, Folgoso do Courel, Vilamartín e Carballeda.
  comenta   0
O Concello de Lourenzá informou da apertura dunha conta bancaria para recadar doazóns e axudar á familia do traballador falecido hai unha semana nun accidente laboral na Mariña