Tras a reunión mantida recentemente polo Concello da Coruña e a Xunta, para concretar as actuacións a seguir, e ante a ausencia do organismo provincial no encontro, Formoso vinculouno a "problemas de axenda".
A rexedora destacou o que xa estean "protexidos" e reivindicou o "traballo conxunto" de Xunta e Concello da Coruña "para que quedasen na cidade nas mellores condicións e para que estivesen protexidos".
O propietario da galería de Vigo que inicialmente presentou oferta explicou que a súa retirada do procedemento obedece a que non quere "interferir no desenvolvemento da operación" ao iniciar o proceso a Xunta para a declaración BIC e expor o traslado dos murais ao Museo de Belas Artes, no caso de resultar adxudicataria.
Impulsan a declaración BIC dos murais de Lugrís. Fano tras presentarse catro ofertas, unha da Administración galega, ao xulgado para a compra das pinturas.