A celebración dos magostos atópase, estas semanas, no seu clímax. E hai posibilidade de comelas de múltiples xeitos; asadas, cocidas ‒facéndoas acompañantes, incluso, dun ovo fritido‒ ou mesmo conxeladas.
De onde vén a tradición do Magosto? Como se celebraba e como se celebra?. Así é a evolución dunha festa celebrada en familia a unha festa autoxestionada no monte con elementos común: lume, música, baile, chourizos e moitas castañas para dar a benvida ao inverno.
  comenta   1
O antropólogo Rafael Quintía, que descarta absolutamente falar de Halloween, asegura que o termo correcto para esta festividade sería Día de Defuntos. "Chamarlle Samaín tampouco ten sentido, porque a de hoxe xa non é a festa que se celebraba na Idade de Ferro, é outra cousa", afirma, apuntando que "un termo interesante e que estaría moi relacionado con este Día de Defuntos sería o Magosto, que comeza tamén o 1 de novembro e é outro rito de carácter funerario".
  comenta   0