Virginia Barros, presidenta da Asociación Mar de Fábula, reflexiona con Galicia Confidencial sobre a gran problemática dos residuos. Os temporais que estes días azotan a costa galega deixan ao descuberto o lixo que hai nos mares e, mesmo aqueles residuos plásticos que a xente bota no contedor amarelo, "a realidade é que case ningún se pode reciclar", porque "están feitos de distintos tipos de plástico que habería que separar".
  comenta   0
Coñecidos os resultados das eleccións do 18-F, non tivemos que asistir á confusa e interesada polémica que suscitou Feijoo e a dereita mediática despois do 23 de Xullo do ano pasado a respecto de quen gañara aqueles comicios. Neste caso, non houbo marxe para as falacias argumentais: a forza mais votada o domingo no que rematou a semana do Entroido -o PP- posúe a maioría parlamentaria suficiente para ocupar o goberno da Xunta en solitario.
  comenta   0
A asociación Noia Limpa, a primeira en dar a voz de alarma sobre a vertedura do 'Toconao', pide que non se baixe a garda no asunto: "Falamos cunha asociación de Sri Lanka para aprender da súa catástrofe e dinnos que non se pode medir a alerta polos pélets que hai por metro cadrado, senón polos que se levan recollido do total da vertedura".
  comenta   0
Un artigo de Anxo Mena, Licenciado en Ciencias do Mar e Doutor pola Universidade de Vigo, ademais de Investigador especializado en Xeoloxía Mariña e Paleoceanografía.
  comenta   0
A ONG catalá Plastic Free Wave organizou unha limpeza de praias en colaboración con este colexio. Elia Planas, voluntaria da asociación, falou con Galicia Confidencial durante esta recollida de microplásticos e asegurou que, "ao final, canta máis precisión, mellor, e con nenos creo que nos irá ben, porque teñen mans máis pequeniñas".
  comenta   0
"Síntome impotente aquí sentada, na pedra dunha praia de dous quilómetros de lonxitude, apañando con escoba e recolledor os pélets da area e tratando de separalos das algas a man, mentres as mareas seguen traendo máis e máis", cóntanos a Galicia Confidencial unha veciña de Santiago que quixo aproveitar as súas vacacións para, "en lugar de tomar o café, estar botando unha man" na praia de Espiñeirido, entre Ribeira e Porto do Son.
  comenta   0
Rueda fala da "crise dos pélets" e di que o operativo seguirá ata "non queden restos nas praias". Volve criticar a falta de medios do Goberno central.
  comenta   0
O patrón maior de Noia, Santiago Cruz, lamenta que "ao cabo de anos, se non se recollen a tempo, ao degradarse o material soltará as substancias tóxicas que poderían filtrarse aos mosluscos, aos berberechos e á ameixa".
  comenta   0
A líder de Sumar quere pivotar unhas negociacións en Galicia que non dá pechado tras multiples problemas entre os distintos actores políticos e a falla dunha ou dun candidato. As negociacións con Anova e determinado espazo municipalista están estancadas e a posibilidade de coalicións co PSOE non é descartada por algunhas voces do movemento.
  comenta   2
As mariscadoras a pé da ría de Pontevedra retomaron a actividade este luns tras o parón de dúas semanas co obxectivo de recuperar o produto por mor da alta mortaldade producida polas treboadas e a baixada da salinidade.
  comenta   0
"Onte chegou ata aquí", dicíanos un veciño da zona sinalando a parte baixa do muro da súa casa mentres colocaba unhas pedras para conter unha nova invasión do mar na súa vivenda. Asegura que este ano chegaron con moita forza as ondas, e que cada ano semella que van a máis. "Cando eu era pequeno non chegaban as mareas ata aquí nunca", aseguraba.
  comenta   0
Galicia Confidencial conversa con Antón Gómez-Reino, deputado no Congreso por Podemos Galicia, días despois de anunciar que non estará presente nas listas de Sumar ás eleccións xerais do 23X. Gómez-Reino explica a súa decisión de "dar un paso a un lado", fala sobre o proceso de negociación entre a plataforma de Yolanda Díaz e Podemos e valora a situación na que se atopa actualmente a formación en Galicia a un ano de que decorran as eleccións autonómicas.
  comenta   2
Apela a unificar o voto nacionalista fronte á "onda fascista": "Fíome máis que da esquerda española". Aconsella que se "enfunden as navallas, polo menos, dez anos" na nova alternativa que lidera Díaz, á que desexa "sorte e lucidez. Cre que En Marea fixo aumentar a conciencia nacional e que o BNG ten que ser "consciente" do transvasamento de votos.
  comenta   3
Anova non apoia oficialmente a Sumar ou Podemos e chama a "concentrar o voto antifascista". Tampouco Marea Atlántica apoiará "aos que dividiron o espazo do cambio" na Coruña. Compostela Aberta tamén anunciou a súa "neutralidade" de cara ao 23X.
  comenta   2
Xa adiantabamos no artigo anterior, as predicións electorais das eleccións municipais. Esperábase un avance da dereita e a ultra dereita e unha caída alarmante do PSOE e a esquerda do sistema.
  comenta   0
Dende o 2011 veñen coincidindo, no mesmo ano, a celebración das eleccións locais -e aos Parlamentos dalgunhas Comunidades Autónomas- e dos comicios xerais. Esta circunstancia -alterada parcialmente no 2019, cando a cita coas urnas ás Cortes do Estado foi anterior á convocatoria municipal aínda que a posterior repetición no outono dese ano ratificou a tradicional precedencia- ten provocado unha tendencia á conversión das eleccións locais e autonómicas nunhas primarias das xerais.
  comenta   0
A presenza de Jorge Suárez no cartel de Marea Atlántica causou "malestar" na dirección de Esquerda Unida-Esquerda Unida (EU-EU) en Galicia.
A líder de Podemos inicia a precampaña en Ourense este venres. Nesta cidade a candidatura de unidade está liderada por un integrante da formación morada.
  comenta   0
Os veciños de 30 concellos galegos só poderán elixir entre PP e PSOE e o Partido Popular e o Bloque serán as únicas listas en Curtis, Moeche e Vilasantar.
  comenta   0
A Xunta confirmou que a empresa Tableros Hispanos recibiu tres sancions por incumprimentos da normativa en ruídos, xestión de residuos e verteduras
  comenta   0
Asegura que Anova achegará "diversidade" en candidaturas o 28M e di que apoian a candidatura da Marea Atlántica, Ferrol en Común e Compostela Aberta.
  comenta   1
ADEGA, FEG, G.N. Hábitat, SGO, SGHN e Verdegaia lembran a importancia de Galicia como lugar de paso de numerosas aves xa que está nun dos embudes de paso do Atlántico denominado “East Atlantic Flyway”, a ruta migratoria das aves que dúas veces ao ano voan desde o oeste de África ao norte de Europa e áreas próximas.
  comenta   0
Ante as protestas de parte do sector 'bateeiro', Basanta defende "separar o gran da palla" entre os que fan propostas e os que non
  comenta   0
Hai uns meses especulouse coa posibilidade de que Pedro Sánchez adiantase a convocatoria das eleccións xerais para facelas coincidir cos comicios locais previstos para o último domingo do vindeiro mes de Maio. Falábase de que tal opción podería maximizar os resultados do PSOE nas urnas. Dado que nesa mesma cita primaveral van ser elixidas as Cámaras lexislativas dalgunhas CC.AA., a eventualidade de semellante coincidencia suscitou unha notábel preocupación naqueles baróns socialistas que dispoñen dunha influenza importante nos segmentos do electorado mais reticentes aos acordos parlamentares con forzas como ERC ou Bildu.
  comenta   0
Os aniversarios permiten mirar atrás e vernos cos ollos daquela.
  comenta   0
Estamos tan intoxicados un do outro Que de improviso poderiamos naufragar, Este paraíso incomparable Podería converterse en terrible afección.... Anna Ajmátova
  comenta   0
... Non te perdas que o mundo necesita a quen poña en dúbida, cada día, o lóxico... Cris Bajo
  comenta   0
Todas as súas etapas, desde a súa fundación, estarán recollidas nun libro
  comenta   0
A acción das mareas --que xa cruzan o illote dun lado a outro--, os temporais de inverno e, sobre todo, a presión humana, provocan que o illote vaia perdendo cada vez máis superficie. Ademais dos seus valores naturais, os expertos apuntan a preservar a actividade marisqueira, que "está a baixar".
  comenta   0
Procuran o rastro nos ríos da contorna tras atopar a documentación do home ao carón dunha depuradora.
  comenta   0
“Se aínda está na súa cabeza, é porque vale a pena arriscar.” Paulo Coelhov
  comenta   0